Skip to Content

CHELO LOUREIRO VISITA AOS NENOS E NENAS DE SEGUNDO

Con motivo da conmemoración do 8M e relacionado coa temática de nosa PDI: "Un Eusebio de cinema", estivemos a traballar as profesións no cinema e a presenza das mulleres neste mundo.
En 2º EP escollemos á directora Chelo Loureiro e a súa película de animación "Valentina" coa que gañou un Goya da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.
Pois ben, hoxe veu a facernos unha visita ao cole e fíxonos moitísima ilusión.
Contounos infinidade de anécdotas e detalles sobre a súa profesión sobre as que as que os nosos alumnos tiveron a oportunidade de facerlle moitas preguntas. E mesmo tivemos a honra de poder observar de preto o Goya co que foi galardonada!
Máis aínda Chelo permitiunos ver en primicia o precioso curto no que estivo traballando.

Moitísimas grazas Chelo por estes momentos que lembraremos sempre!

 

 



blog | by Dr. Radut