Skip to Content

PRAZO DE ADMISIÓN E VACANTES PARA O CURSO 2024 - 2025

25/02/2024 13:45

O 1 de marzo ábrese o prazo de solicitude ordinaria de admisión de alumnado, que permanecerá aberto ata o día 20 de marzo. 

Para formalizar a vosa solicitude tedes dúas opcións:

  • De forma presencial, solicitando os documentos necesarios no centro ou descargándoos nesta mesma publicación (ED550B-G. ANEXO 2)
  • De forma telemática, a través da Sede electrónica.

En calquera caso, a solicitude debe entregarse acompañada dunha copia do libro de familia. 

Se tedes calquera dúbida acerca do proceso de admisión, non dubidedes en chamarnos por teléfono ou concertar unha cita no centro. 

 

En 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, 3 das prazas vacantes reservaranse para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.  

AnexoTamaño
ED550B-G ANEXO 2.pdf1.38 MB


event | by Dr. Radut