Skip to Content

Benvidos ao noso cole

Benvidos ao noso cole

 

 CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera

O Casal S/N , Guláns

36860 Ponteareas

Novo número de teléfono: 886 11 05 85

 Correo electrónico:

ceip.feliciano.barrera@edu.xunta.gal

Podes seguirnos en Facebook ou 

Instagram.

 

Admisión alumnado Curso 2024 - 2025

Informamos de que todo o alumnado que solicitou praza para o vindeiro curso no CEIP Plurilingüe Feliciano Barrera, está admitido. 

Durante o mes de xuño explicaremos como formalizar a matrícula. Ante calquera dúbida ou inquietude acerca do proceso non dubidedes en poñervos en contacto co centro

PRAZO DE ADMISIÓN E VACANTES PARA O CURSO 2024 - 2025

25/02/2024 13:45

O 1 de marzo ábrese o prazo de solicitude ordinaria de admisión de alumnado, que permanecerá aberto ata o día 20 de marzo. 

Para formalizar a vosa solicitude tedes dúas opcións:

  • De forma presencial, solicitando os documentos necesarios no centro ou descargándoos nesta mesma publicación (ED550B-G. ANEXO 2)
  • De forma telemática, a través da Sede electrónica.

En calquera caso, a solicitude debe entregarse acompañada dunha copia do libro de familia. 

Se tedes calquera dúbida acerca do proceso de admisión, non dubidedes en chamarnos por teléfono ou concertar unha cita no centro. 

 

En 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, 3 das prazas vacantes reservaranse para atender a escolarización de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.  

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

O martes 20 de febreiro o noso centro volve abrir as súas portas para vós. Podedes vir visitarnos en horario de mañá, ás 11.00, ou en horario de tarde, ás 16:00. Faremos un percorrido polas nosas instalacións, informarémosvos dos programas e proxectos nos que participamos e darémosvos a coñecer as bases do noso proxecto educativo. Teredes oportunidade, por suposto, de consultarnos calquera dúbida ou inquietude. 

 

Se buscades unha escola pequena e familiar, animádevos a coñecernos!

Inicio do curso 2023 - 2024

 

O vindeiro luns, 11 de setembro, comezamos as clases co noso horario habitual, de 8:45 a 13:45. O período de adaptación dos máis pequenos e pequenas, o alumnado de 4º de Educación Infantil, comunicarase persoalmente ás familias. 

Distribuir contido


by Dr. Radut