Skip to Content

Inicio do curso 2023 - 2024

 

O vindeiro luns, 11 de setembro, comezamos as clases co noso horario habitual, de 8:45 a 13:45. O período de adaptación dos máis pequenos e pequenas, o alumnado de 4º de Educación Infantil, comunicarase persoalmente ás familias. 

Publicación Fondo libros e axudas de material e libros

Xa están publicadas as listaxes definitiva  de axuda de material e de libros 2023/2024, pódese comprobar se foi concedida no tablón do cole da aula de música ou mediante a chave 365. 

Poderanse recoller os cheques os días 7,10 e 11 de xullo no centro. Os libros de préstamo de fondo libros de 3º e 4º de Primaria serán repartidos en setembro.

Se non nos puxemos en contacto con vós é porque está concedida a axuda.

LIBROS DE TEXTO 23-24

Bo día

No arquivo adxunto poderase ver o listado de libros por curso para 2023/2024. Recordamos que 5º e 6º de Primaria non hai libros seleccionados debido a súa participación no Proxecto EDIXGAL. 

Un saúdo.

Aula Matinal do curso 2023/2024

O Concello acaba de comunicarnos que abriuse o prazo para a solicitude de aula matinal para o curso 2023/2024 ata o 30 de abril.

Podedes recoller o modelo no concello, no cole, descargalo da páxina do concello ou picando aquí.

Unha vez cuberto, debedes presentalo por Rexistro ou a través da sede electrónica.

Este é un servizo xestionado polo concello, para calquera dúbida debedes falar directamente co departamento de ensino.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut