Proxecto Arce
O Ceip. de Figueiroa acolleuse a Resolución de 28 de abril de 2010 do Ministerio de Educación e Ciencia, pola que se convocan axudas para o establecemento de agrupacións de centros educativos para a realización e posta en práctica de proxectos común e crear vínculos, construíndo redes de traballo cooperativo para compartir aprendizaxes que favorezan a cohesión social.
O Ceip. de Figueiroa agrupouse con outros tres centros:
· Ceip. Fornells (Menorca)
O Ministerio de Educación e Ciencia vén de comunicar ao Ceip. de Figueiroa que foi eleixido o seu proxecto e subvencionará ao centro con 8.200 € para sufragar os gastos para levalo a fin.
Proxecto abalar
O Ceip. de Figueiroa acaba de recibir todo o equipamento do proxecto Abalar que será instalado nas dúas aulas de 5º de Educación Primaria os días 28 e 29 de outubro.
O material recibido consiste en:
- 30 miniordenadores para os alumnos/as.
- 2 ordenadores portátiles para o profesorado.
- 2 armarios para gardar e cargar os ordenadores.
- 2 proxectores.
- 2 pizarras dixitais.
- 2 routers wifi.
O centro, por outra parte, está a elaborar un proxecto de formación do profesorado para a actualización dos mestres/as que van impartir clase neses dous grupos, así como para o resto do profesorado.
El Soto del Boñar
Os 25 alumnos e alumnas partiron o sábado día 10, xunto coas profesoras de inglés, dna. Montse e dna. Helena para participar no Programa de Inmersión Lingüística "Outono 2010" financiado na súa totalidade polo Ministerio de Educación e a Xunta de Galicia.
Foron sete días fóra da casa en convivencia con outros alumnos/as de Gijón. Sabemos que foron unhas xornadas moi interesantes e unha experiencia única para os nosos nenos e nenas.
O inglés foi a única lingua de comunicación empregada, tanto oral como escrita, nestes días.
Nos vindeiros días, trataremos que estes alumnos/as nos conten a súas experiencias e colgarémolas neste mesmo espazo. De momento incluímos un enlace co blog do Centro onde estiveron para que poidades ver on traballo desenvolvido neste Programa.
Axudas Plambe
O DOG do 14 de setembro publica a Orde de resolución do Plan de mellora de bibliotecas escolares para o curso 2010/2011. Ao noso centro foille concedida unha axuda de 1.600 € para continuar desenvolvendo o Plan de Mellora da Biblioteca Escolar “Carola” co que se pretende modernizar e dinamizar este ámbito escolar dotándoa de novos medios audivisuais, mobiliario e fondo bibliográficos.

