Skip to Content

Actividades

Memoria 2010/11


Dende a ANPA “Picariños” agradecemos un ano máis a toda a comunidade educativa do CEIP de Figueiroa a súa colaboración e queremos dar a benvida ós seus novos membros, ao novo alumnado e por suposto aos seus proxenitores, a quen recibimos cos brazos abertos para que se integren nesta comunidade.


 


A ANPA “Picariños” foi constituída en 1979 e é, das que está en funcionamento, a máis antiga da Estrada.


 


Durante o curso 2010-2011 contou con 191 familias asociadas, que albergaban 234 dos 388 alumnos (un 60,31% do alumnado do CEIP de Figueiroa pertence ó colectivo da ANPA Picariños).


Para que ser socio da ANPA?


Velaquí dez razóns para pertencer e traballar nunha ANPA


1.            Porque é a nosa responsabilidade educar os nosos fillos e fillas.


2.            Pola necesidade de estar unidos á hora de reinvindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.


3.            Porque un movemento de pais e nais agrupados fai que as súas iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto, polas administracións, polo profesorado, pola sociedade etc.


4.            Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.


5.            Pola importancia da presenza nos consellos escolares dos pais e nais, organizados nas ANPA para defender os intereses de todos e todas, non os individuais.


6.            Porque se non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… Por quen o faremos?


7.             Porque se non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos e fillas que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?


8.            Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.


9.            Porque as ANPA deben traballar pola integración na súa contorna, facendo uso das instalacións do centro educativo.


10.          Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos e fillas. Participar é un dereito pero tamén é un deber social.


Si, si… pero que beneficios teño?


Durante o curso 2010-2011 as actividades que se realizaron grazas ó apoio dos 191 asociados foron as seguintes:


-       Chándales e mandilóns.


-    Asembleas.


-    Plan Madruga.


-    Comedor escolar.


-    Actividades extraescolares.


-        Let’s play english. (COESCO)


-        Pintura.


-        Fútbol. (CALLOBRE, CF)


-        Natación. (DINAMIK, SCD)


-        Badminton. (Federación Galega de Badminton)


-        Patinaxe.


-        Informática. (COESCO)


 


ü  Entroido. A Anpa organizou un obradoiro para participar na comparsa de entroido, así mesmo colaborou coa dirección do centro para que os nenos e nenas degustaran os produtos tradicionais desta festa.


ü  Día do libro. A Anpa agasallou a cada asociado un libro.


ü  Día da lectura da man de FESANPAS.


ü  Fonte no patio de infantil. A Anpa mercou unha fonte para substituí-la anterior, que non soportou un curso máis dos nosos pequenos guerreiros.


ü  Fonte no patio de maiores. Co voso apoio tentaremos que o vindeiro curso o patio dos maiores conte tamén coa súa fonte.


ü  Fotografía de benvida ós nenos de 3 anos das familias asociadas a ANPA.


ü  Fotografía de despedida ós nenos de 6º de primaria das familias asociadas a ANPA.


 


A ANPA xustificou este curso a subvención concedida o curso pasado para o comedor escolar.


A ANPA solicitou este curso a subvención para o comedor escolar e por primeira vez solicitou a subvención para as actividades extraescolares para conciliar a vida laboral e familiar co financiamento do Fondo Social Europeo.


 


Como podedes ver, a implicación das nais e os pais é fundamental, canto maior é masa social, maiores son os recursos e maiores e mellores oportunidades de facer actividades e conseguir obxectivos terá a vosa ANPA.


A evolución da masa social vai consonte ó aumento do alumnado ó longo destes últimos anos.


Nos últimos cursos o número de socios foi o seguinte, tendo en conta así mesmo, que a Asemblea por unanimidade acordou o 25 de setembro de 2008 incrementa-la cota dende os 10 euros ata os 20 euros que se cobra na actualidade por familia:


 




























Curso


Nº de asociados


2004-2005


137


2005-2006


122


2006-2007


130


2007-2008


150


2008-2009


124


2009-2010


140


2010-2011


191


 


Por suposto, queda claro que para participar nas actividades que organizan tanto a ANPA “Picariños” como as federacións de anpas ás que pertence, a Federación Estradense de ANPAS (FESANPAS) ou a Federación de ANPAS de Pontevedra (FANPA), é requisito indispensable ser socio da ANPA Picariños.


Como podo ser socio?


É ben sinxelo.


Presento a miña solicitude debidamente cuberta na conserxería do centro, ou ben a meto na caixa do correo da ANPA, ou ben envío a solicitude por e-mail a anpa.figueiroa@gmail.com, ben co xustificante do pagamento ou ben cos datos bancarios en caso de domiciliación.


 


Como podo paga-la cota?


A ANPA ten os cartos nunha conta en Caixa Galicia, o pago pódese facer en efectivo ou pódese domiciliar na vosa conta.


Durante este curso, dos 191 socios, 83 domiciliaron o pago e 104 pagaron en efectivo.


O prazo para face-la solicitude de socio para o curso 2011-2012 remata o 31 de outubro de 2011.


Como podo participar na xestión da ANPA?


De acordo cos Estatutos os socios poden participar na xestión da ANPA, poden ser electores e elixibles para os seus órganos de dirección.


 


A Xunta Directiva actual, foi elixida en setembro de 2010 para xestionar a ANPA durante os cursos 2010-2011 e 2011-2012.


Como podo facer se estou interesado no Plan Madruga?


O Plan Madruga é do Concello e xestionao a empresa Coesco.


Para información diríxase ó teléfono 664436239 (Sonia) e 986572025.


Como podo facer se estou interesado no Comedor escolar?


O Comedor Escolar é competencia da ANPA e está xestionado pola empresa SERUNIÓN.


Para información diríxase ó teléfono 607634413.


 


           


 


 


 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut