Skip to Content

Educación física, Novas deportivas

Marcha ao Monte Xesteiras

O Vindeiro martes, día 31 de maio, os alumnos e alumnas de Terceiro Ciclo de Educación Primaria realizarán unha saída educativa ao veciño Concello de Cuntis para ascender ao Monte Xesteiras (710 m). Partiremos ás 9.30 h. do Centro en autobús ata Couselo; desde alí iniciaremos o ascenso (hora e media) e, unha vez arriba, faremos unha visita ao Centro de Vixiancia Forestal donde persoal do Distrito Forestal nos informará do funcionamento deste centro na loita contra o lume. Ademais, acercarémonos á Torre do Centro de Metereoloxía de Galicia na que está instalado un radar para a predición meteorolóxica; así como ao repetidor da Tvg.


Se o día o permite poderemos observar a Ría de Arousa, A Estrada, a Ponte de Gundián e os fermosos vales que rodean este monte.


Tamén subiremos á Pedra da Aguia, formación rochosa singular. Veremos cabalos en liberdade cos que se fai no verán a "Rapa das Bestas de Couselo".


Alumnos/as e profesores/as comeremos no monte, realizaremos xogos populares e comezaremos o descenso ás 16.00 h. para estar de regreso no centro arredor das 17.30 h.


         Ruta        

Distribuir contido


by Dr. Radut