Skip to Content

FESTIVAL NADAL 2023

Estimadas familias:

Este ano, convidámosvos a asistir ao Festival de Nadal. Como sabedes, o espazo do salón de actos, onde vai ter lugar, é bastante reducido, polo que temos que facer as diferentes representacións por quendas e ciclos; e temos que acoutar o número de asistentes en máximo DOUS familiares por alumno/a. Tamén é moi importante a puntualidade na hora de entrada, así como na hora de saída, xa que hai que deixar paso ás seguintes familias das posteriores quendas. Lembrade que non podedes sacar fotos nin gravar vídeos (protección de datos); diso encárgase o centro que ten autorización e despois xa colga todo na páxina web. 

Os horarios serán os seguintes:

DÍA 20 DE DECEMBRO DE 2023

1ª QUENDA: 10:30H A 11:00H, EDUCACIÓN INFANTIL.

2ª QUENDA: 11:00H A 11:30H, 1º CICLO DE PRIMARIA.

3ª QUENDA: 12:15H A 13:00H, 2º CICLO DE PRIMARIA.

4ª QUENDA: 13:00H A 13:45H, 3º CICLO DE PRIMARIA.

 

Un cordial saúdo. 

 

NOTA: Só podedes asistir á quenda na que actúen os vosos fillos/as. 



page | by Dr. Radut