Skip to Content

Secretaría

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Minuto de silencio polas vítimas da Violencia de Xénero.

DÍA MUNDIAL DA DIABETES (ANEDIA)

FELICITACIÓN DE NADAL

O Claustro de Mestres/as do CEIP FILOMENA DATO deséxalle a toda a Comunidade Educativa un

BO NADAL e FELIZ ANINOVO

Convocatoria elección de representantes de pais/nais

Bo día. No seguinte ficheiro adxunto, envíamos a convocatoria da elección de representantes de pais/nais. Un saúdo. 

O equipo directivo. 

SAÍDA DO COMEDOR E BOS DÍAS COLE

A saída do alumnado usuario de comedor será entre as 15:00 e as 15:15.

Farase polo corredor de infantil de 3 anos.

O horario do servizo "BOS DÍAS COLE", xestionado e atendido por persoal do Concello de Barbadás, será de 7:30 a 9:15.

 

A partir do mes de outubro, o alumnado de comedor que quede a actividades extraescolares, poderá permanecer no centro entre as 15:15 e as 15:30  atendido por persoal do Concello.

Proceso de admisión alumnado 2021/2022

 

INSTRUCIÓNS SOLICITUDE ADMISIÓN ALUMNADO

- PRAZO DE PRESENTACIÓN: 1 ao 22 de marzo de 2021, ambos incluídos.

- A solicitude de admisión de alumnado realizaranse mediante o modelo anexo II.

- LUGAR DE PRESENTACIÓN:

1.- A través da aplicación admisionalumnado

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

2.- Na secretaría do centro en horario de 09:30 a 11:30 e de 12:45 a 15:00.


-  So se poderá presentar unha solicitude.
 

- A solicitude de admisión de alumnado poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás que a patria potestade estea atribuída a unha delas con carácter exclusivo, ou en situacións de violencia de xénero.

 

PROCESO DE ADMISIÓN

-   Presentación de solicitudes: do 1 ao 22 de marzo

-  Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL

- Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles despois do seguinte á publicación da listaxe provisional.

- Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO

- Período de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO

A publicación das listaxes provisionais e definitivas realizarase exclusivamente nos taboleiros de anuncios situados no interior do edificio escolar, conforme a Lei de Protección de datos, así como a través daaplicación admisionalumnado.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut