Skip to Content

Horto Escolar

FIXEMOS SEMENTEIROS

Ola de novo!

As actividades relacionadas co Horto Escolar non paran. Mirade!

TEMPO DE GRELOS

Ola a todos!

Achégase o Entroido e unha das maneiras de celebralo é cun bo cocido.  Aínda que se pode facer con varias hortalizas, nesta época os grelos cobran protagonismo na súa elaboración.

No Horto escolar tivemos unha boa colleita deles, como veredes nas fotografías.

Tamén vos deixo información sobre a hortaliza da que proceden.

 

MOITAS GRACIAS!

QUERIDOS REIS MAGOS

NOVAS COLLEITAS

 

    Nesta ocasión, queremos compartir con vós a ledicia de recoller os froitos do traballo.

Como bos compañeiros/as que somos, compartimos amigablemente os produtos que recollemos.

Estamos moi concienciados coa importancia da dieta equilibrada e coa alimentación saudable.

 

SEMENTANDO

Boas!

Como bos traballadores, antes de marcharmos de vacacións deixamos feitos "os deberes". Neste caso, tocounos sementar, para que a Natureza, que non descansa, vaia facendo a súa parte.

Botamos:

- os chícharos (guisantes), que son fonte de vitaminas e proteínas vexetais.

- as fabocas (habas), que tamén aportan proteínas vexetais, ferro, ácido fólico e diversas vitaminas.

- allos (ajos), cuxas propiedades culinarias son de todos coñecidas e que ademais teñen sona de seren plantas moi medicinais.

Agora toca esperar polos resultados...

 

 

Filo D fixo amigos!

Ola de novo!

Estes son algúns dos debuxos relacionados co Horto escolar que recibín!

Son xeniais! 

Podedes seguir enviándoos e publicareinos tamén!

Moitas grazas a tod@s!

 

A primeira colleita do horto!

Ola a todos e todas!

Como sabedes, o noso colexio está tamén comprometido coa alimentación saudable.

As actividades que realizamos no Horto escolar, contribúen á consecución dese obxectivo (ou cando menos, intentamos que así sexa).

A continuación podedes ver unha pequena mostra dos resultados que obtivemos co noso primeiro traballo deste curso.

Haberá máis novas!

(Debido ao peso do arquivo é preciso descargalo para ver as fotografías Indeciso)

O horto escolar ten unha mascota!

Ola a todos e todas!

 Desde hai xa varios anos, contamos no colexio cun espazo adicado aos cultivos: o noso horto escolar.

 Este curso, imos compartir informacións tanto sobre os cultivos que alí temos, como doutros temas  relacionados con el ou coas áreas máis directamente implicadas (CN e CS): vocabulario, refráns, flora e fauna asociada... para fomentar a sensibilidade sobre cuestións medioambientais, a participación e os valores de cooperación e respecto.

 Nesta aventura, acompañanos unha mascota chamada(de momento) FILO D.

  Estades todos invitados a participar na actividade.

...Continuará!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut