Skip to Content

blogue de biblioteca

DÍA DA PAZ 2022.

Con motivo do DÍA DA PAZ, o alumnado realizou diferentes actividades en grupo:

- Murais das mans.

- Manifesto da Paz.

- Canción "Pronuncia a Paz!.

- Solta de pombiñas.

(Destacar nesta última actividade a colaboración de EMILIO VALLE, por prestarnos as súas pombas. Graciñas!)

Podedes ver fotos premendo aquí

Podedes ver un vídeo resumo das citadas actividades, premendo na imaxe.

 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 2.

Aquí vos deixamos o segundo capítulo do programa "TAS OU NON TAS", protagonizado, editado e realizado, única e exclusivamente polo noso alumnado de 6º de Primaria.

Quedou xenial! Parabéns!

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "DÍA DA PAZ.".

Dende a biblioteca compartimos varias recomendacións lectoras para conmemorar o Día da Paz. Agardamos que sexan de voso interese!

(Podedes premer na imase para descargar o arquivo  en PDF)

DÍA DA PAZ.

XACOBEO MARIÑÁN

Dende a biblioteca do Ceip Fondo Nois estamos a coordinar varias actividades que implican o fomento da actividade física e ao mesmo tempo coñecer as distintas peculiaridades da nosa zona, da Mariña Lucense.  Unha delas é o deseño de alternativas de ocio e de disfrute de toda a familia fóra do horario escolar.

A actividade que vos propoñemos é a de realizar unhas rutas en familia pola Mariña compostas de 15 etapas; de modo que en cada unha delas, recorrades e coñezades cada un dos 15 municipios dos que se compón a Mariña Lucense. En cada Concello indícase unha ruta de sendeirismo e  propoñemos lugares interesantes que poderiades visitar. A cada neno e nena entregaráselles un carné no que se irá selando cada ruta unha vez realizada e xustificada mediante fotos, que podedes enviar ao mail que aparece en dito carné. Animádesvos?

A continuación deixámosvos toda a información: 

PROGRAMA "TAS OU NON TAS". Capítulo 1.

Dende a biblioteca presentamos o noso novo programa “TAS OU NON TAS”, onde exemplificamos a nosa forma de falar na Mariña.

A continuación deixámosvos o primeiro capítulo, agardamos que vos guste!

TALLER DE ARTE.

 Dende a biblioteca seguimos facendo arte para decorar o noso colexio e poder compartilo con todos vos e así chegar a todos os fogares.

 Miramos atrás e repasamos o que aconteceu dende marzo do 2020.

 1. Vaia susto que levamos cando chegou a COVID!

2. Cando obrigaron a pecharnos na nosa casa… afrontamos a situación cunha mentalidade positiva. 

3. Cerca do verán, comezamos a ver a vida de cores. 

4. E xuntos venceremos a batalla contra a COVID!

 

 (Para ver máis, prema sobre as imaxes)

25N. POÑÁMONOS NO SEU LUGAR!

Con motivo do 25 N, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN  DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER  reivindicamos  os dereitos das mulleres e das nenas afganas para que podan vivir e crecer en liberdade.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS "25 N"

(Prema na imaxe para descargala)

 

OS NOSOS VOLCÁNS.

Os nenos e nenas de 4º de Primaria, estivemos traballando sobre os volcáns. Podedes ver o vídeo premendo sobre a imaxe.

Subscribirse a este contido


by Dr. Radut