GREEN WEEKCelebramos a nosa Green Week (Semana Verde) dentro do Proxecto Comenius. Quedou reducida a tres días por mor dos preparativos da festa dos Maios, pero cundiu... Presidiunos todo un persoeiro: Johnny Greenworld, o noso heroe europeo. Os rapaces fixeron bolsas con material de refugallo e contactaron en tempo real, mediante Skype, cos rapaces do resto dos colexios participantes. XUNTANZA COMENIUS EN PONTEVEDRA
Os pasados 22 e 23 de Marzo tivemos no colexio aos profes do Proxecto Comenius. Coñeceron o noso centro e paticiparon connosco en distintas actividades. Amosámoslles tamén a parte vella da cidade nunha visita guiada. Como adoita suceder nestes casos, a visita fíxosenos curta a todos pero agardarmos telos de novo o vindeiro curso.
categories [ ]
BIODEGRADABLE OU NON?
Participaron unha representación dos alumnos de cada ciclo (que despois relataría a experiencia aos compañeiros) e un membro da ANPA, quen coordinou o proxecto. Dentro dun par de meses botaremos unha ollada a ver como vai a cousa!
categories [ ]
Documentos de secretaríaA continuación amósase a documentación necesaria para efectuar diferentes xestións administrativas do centro. Calendario do proceso de admisión e matrícula
categories [ ]
XUNTANZA COMENIUS EN BEXHILL (ENGLAND)
En Xaneiro tivo lugar unha nova xuntanza dos colexios participantes no Proxecto Comenius, desta volta no Pesham School de Bexhill (Inglaterra). Ademáis do traballo de posta en común e planificación, tivemos a oportunidade de coñecer unha escola ben activa e participativa.
categories [ ]
VOLTA A BANDA POLO NADALComo ven sendo tradición, recibimos a visita da Banda de Música da Escola Naval de Marín, con motivo do Nadal. Interpretaron panxolinas e tonadas populares que foron moi celebradas polos nenos.
categories [ ]
RECITAL DE NADAL
O pasado mércores 14 de Decembro celebrouse un recital de Nadal no colexio. Recibimos a visita da cantautora María José, que interpretou unhas panxoliñas moi celebradas e coreadas polos nenos. II ENCONTRO DO PROXECTO COMENIUSO pasado día 23 ao 25 de Novembro tivo lugar o II encontro dos colexios participantes no Proxecto Comenius. Celebrouse en Santa Cruz de Tenerife xa que o Deustche Schule desa vila era o colexio anfitrión. Entre outras moitas actividades, déuselle pulo á web oficial do proxecto. Ademáis, un dos logros propostos polo noso centro foi elexido logo oficial deste proxecto, "We go for Europe, we go for a green world".
categories [ ]
Contos de outono 2011-12Os contos premiados no Certame de Contos de outono deste ano foron:
categories [ ]
|