Skip to Content

Próximo campamento de inmersión lingüística

Estimadas familias:

Un dos nosos obxectivos educativos é a adquisición de competencias de traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades comunicativas na lingua inglesa.

Por este motivo dende o centro tentamos participar en programas de inmersión lingüística onde o alumnado poida compartir experiencias de aprendizaxe con profesorado nativo, á vez que desenvolven actividades físicas e de socialización.

De este modo, dende o día 1 ao 7 de outubro o noso alumnado poderá participar nun campamento no poboado dos Peares dentro do programa da Consellería “Dixital Week”. Durante estes días o alumnado realizarán actividades académicas, de tempo libre e obradoiros.

A actividade será gratuíta para o alumnado.

Co fin de darvos una información máis detallada convocamos unha xuntanza explicativa para o próximo martes día 19 ás 17:00 na aula de 6º de EP.

Esperamos contar coa vosa presenza e aproveitamos a ocasión para enviarvos un cordial saúdo,

 

 

Educación dixital

Estimadas familias:

Achegamos unha primeira información explicativa do proxecto E-dixgal neste documento anexo.

As familias do alumnado que se incorpora a este programa serán convocadas nos próximos días para unha reunión acerca das condicións de uso dos dispositivos, os detalles deste programa e o servizo de soporte técnico dispoñible.

Recibe un cordial saúdo,

 

O equipo directivo

 

Listaxe de material escolar 2023-24

Estimadas familias:

Achegamos listaxe de material para o alumnado neste curso 2023/24

-       O luns día 11 tamén se entregará a lista nas clases.

-       Moito deste material xa o podedes aproveitar do curso pasado.

Recibide un cordial saúdo,

O equipo directivo

Modelos de autorizacións para as recollidas e saídas do alumnado

Estimadas familias:

Unha das demandas de estes primeiros días son as autorizacións para a recollida de alumnado e para saír sós nos últimos cursos da primaria, dentro do programa “Camiños escolares”.

Aínda que se entregarán o luns, achegamos copia destes dous documentos por se foran necesarios para o día 11.

Recibide un cordial saúdo,

 

Distribuir contido


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

by Dr. Radut