Skip to Content

Os días 10 e 11 de abril realizaranse as avaliacións de diagnóstico

Estimadas familias:

 Os procesos de avaliación no sistema educativo son unha ferramenta imprescindible para a mellora da calidade e a equidade da educación que permite detectar os aspectos que funcionan ben e os que poden ser mellorados.

 A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro (LOMLOE), prevé nos seus artigos 21 e 29 a realización dunha avaliación de diagnóstico de carácter censual que se deberá levar a cabo en todos os centros educativos. Ademais, o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia determina nos artigos 27 e 23, respectivamente, a realización deste proceso avaliativo.

 Neste curso 2023-2024 é cando comeza a implantación da avaliación de diagnóstico que abarcará as competencias matemática e lingüísticas: en Lingua Galega e Literatura, en Lingua Castelá e Literatura e en Lingua Estranxeira.

Compre destacar que non é unha avaliación de individuos, non vai a existir ningún dato ou informe con cada alumno/a en particular. É unha avaliación do sistema.

As probas foron realizadas cun deseño rigoroso, polo que se adoptarán unha serie de medidas de organización para que os datos teñan a necesaria validez.  De todos modos, tede a tranquilidade que dende o centro se promoverá que o alumnado entenda estas actividades como unha oportunidade máis de aprendizaxe. 

 Igualmente, pediremos a vosa colaboración para cubrir uns cuestionarios de contexto; tal e como se indica na RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación de diagnóstico. E antes de rematar o curso confiamos en ter os resultados para informarvos nunha xuntanza das conclusións e balance desta avaliación.

 

Calquera dúbida que teñades se atenderá dende a comisión de coordinación da avaliación de diagnóstica, formado pola dirección, xefatura de estudos e titora de 4º, así como a xefa do departamento de orientación. Tamén achegamos un par de documentos anexos que vos poden resultar de utilidade.

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad2324_faq.pdf

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/ad_2324_escrito_familias_dxoie.pdf

 Recibide un cordial saúdo e moitas grazas pola vosa colaboración,

 

O equipo directivo.

AdxuntoTamaño
ad_2324_escrito_familias_dxoie.pdf130.51 KB
ad2324_faq.pdf931.69 KB


Libro dixital

Novos teléfonos

Novos teléfonos do centro:

CONSERXERÍA: 886159531

DIRECCIÓN: 886159532

SECRETARÍA: 886159537

FAX: 886159535

Correo:

ceip.froebel@edu.xunta.gal

ABALAR MÓBIL

Abalar Móbil

Correo Edu

blog | by Dr. Radut