ACHEGÁNDONOS NA DISTANCIA (IV)

 

Aquí vos deixo máis momentos da "misión aprender na casa".

Martín móstravos as súas máquinas da suma. Os que aínda non a fixestes animádevos que lles encantan!.

Tamén podemos ver a Bruno co corazón que lle fixo á súa mamá polo día da nai e a María coa súa merenda artística.

David ensínavos a súa galiña feita na "semana de Cocorico" e o biscoito de zanoria. Menos mal que non llo papou o gato pelado!

Aroa quere compartir con vos o momento de soprar a vela do seu quinto aniversario, parabéns de novo!


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design