4ANOS

ANIVERSARIOS (4 ANOS)

En decembro está de aniversario Héctor. Xa ten catro anos! Pasouno xenial celebrandoo cos amigos. Moitos Parabéns Héctor!

SEMANA DE "ADIVIÑA CANTO TE QUERO"

Aquí vos deixo algún dos momentos dos nenos e nenas de 5º de E.I. durante esta semana:

Martín co conto "Adiviña canto te quero en inverno" e Bruno ensinándovos a súa árbore da familia:

Victoria tamén fixo a súa árbore familiar, un arcoiris e móstravos que ben escribe na súa pizarra:

Bruno escribindo os refráns, coa súa versión do cadro "El grito" (que simboliza o medo) e debuxando as persoas que quere moito;

David co seu mandala de flores e Martín coas personaxes creadas no taller de arte do conto "Mamá":

Martín ensínavos a súa versión do xogo "DE RATÓN EN RATÓN TIRO PORQUE MOLO MOGOLLÓN":

SEMANA DA CEBRA CAMILA (II)

 

Máis imaxes desta semana:

María escribindo e debuxando, facendo os trazos, sumando as lágrimas da cebra camila feitas con plastilina, facendo arte soprando e aprendendo a pintar as uñas:

Xián relendo o conto desta semana e mostrándonos o seu can feito con materiais de refugallo:

Lidia e Lara cos seus familiares e traballando coas letras e os números:

Victoria traballando co seu libro das letras:

SEMANA DA CEBRA CAMILA

Aquí vos deixo o moito que traballaron os nenos e nenas esta semana adicada á "CEBRA CAMILA":

Anxo elaborando a súa cebra Camila e practicando os trazos.

Anna e a súa prima Zaida (da clase de 3 anos) facendo a súa merenda saudable e xogando no columpio:

Martín cos seus animais da sabana, escribindo, coa súa obra artística da época azul de Picasso e mostrándonos a súa versión das raias da cebra Camial:

Bruno escribindo, confeccionando e xogando co minimundo da sabana, e facendo a súa obra artística de cores:

AS ESTACIÓNS EN LINGUAXE DE SIGNOS

Martín, María, Bruno e Xián móstrannos o ben que aprenderon as estacións en linguaxe de signos. Tamén podedes ver a Sandra, a mestra de audición e linguaxe, como nos ensina no seu tutorial.

ACHEGÁNDONOS NA DISTANCIA (IV)

 

Aquí vos deixo máis momentos da "misión aprender na casa".

Martín móstravos as súas máquinas da suma. Os que aínda non a fixestes animádevos que lles encantan!.

Tamén podemos ver a Bruno co corazón que lle fixo á súa mamá polo día da nai e a María coa súa merenda artística.

David ensínavos a súa galiña feita na "semana de Cocorico" e o biscoito de zanoria. Menos mal que non llo papou o gato pelado!

Aroa quere compartir con vos o momento de soprar a vela do seu quinto aniversario, parabéns de novo!

SEMANA DE AQUILES O PUNTIÑO (II)

Aquí vos deixo máis imaxes de cómo traballaron os nenos e nenas de 4 anos durante esta semana:

BRUNO levando a cabo a asemblea, recortando, elaborando xoguetes con cousiñas da casa e a punto de comer a súa "froita artística":

XIÁN xogando á plastilina e ensinándolle á súa irmá pequena:

AROA facendo figuras xeométricas con alimentos:

MARTÍN escribindo os nomes dos seus compañeiros/as da aula e o da profe:

XABI traballando arreo:

SEMANA DE AQUILES O PUNTIÑO

Mirade canto traballaron os nenos e nenas nesta semana adicada á "Aquiles o puntiño":

XABI coa máquina da suma, co seu oso elaborado coa técnica do puntillismo e facendo figuras xeométricas con gomets:

AROA coa súa irmá XONXA facendo unha torre xigante con cousas da casa, levando a cabo o experimento do arcoiris, limpando os xoguetes con auga e xabón e facendo arte con froitas:

MARTÍN facendo figuras con pasta e legumes e creando unha obra artística coa técnica do puntillismo:

SEMANA DE COCORICO

Neste apartado irei subindo algunha das fotos que me ides mandando dos retos da "SEMANA DE COCORICO".

UXÍA, a especialista de Pedagoxía Terapéutica (PT), quere compartir con vos o nacemento de varios pitiños dende a súa casa. Son igualiños a Cocorico e á súa mamá!

ANXO ten a sorte de ter o conto de Cocorico na casa, e xa o sabe de memoria.

AROA facendo o experimento dos ovos e a Cocorico:

ACHEGÁNDONOS NA DISTANCIA III

Xián quere compartir con vos como está a pasar estes días na casa xunto a súa irmá Lía Sorriso

 

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design