Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22, EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de matrícula dende o 1 ao 22 de marzo.

Nos documentos adxuntos está dispoñible o ANEXO II relativo ao proceso e as VACANTES para o curso 2021/2022, o ANEXO pódese descargar para cubrir e posteriormente entregar asinado no centro, tamén no seguinte enlace da Consellería de Educación, podedes consultar toda a normativa relacionada co proceso de ADMISIÓN, así como xestionar a propia solicitude. Pinchar aquí

A documentación a presentar é a seguinte:

-Formulario de solicitude de admisión ANEXO II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).

-Fotocopia do libro de familia ou DNI do alumno/a e dos proxenitores.

-No caso de que o/a alumno/a proceda doutro centro, será necesario a certificación de matrícula, no que conste o curso no que esté matriculado no curso 2020/21.

-No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada polos dous proxenitores e deberase presentar o convenio regulador ou ben a sentenza xudicial de separación ou divorcio.

O horario de secretaría é de 09:50 h a 14:30 h de luns a venres, durante o período de ADMISIÓN.

Para a presentación das solicitudes por parte das familias disponse das seguintes vías:

  1. Presentación da solicitude no centro, ANEXO II e documentación (creada a través da aplicación ou descargada e escrita a man).
  2. Presentación de solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación, ADMISIÓN ALUMNADO, que se accede polo enlace insertado no inicio deste anuncio.

SECRETARÍA CEIP GÁNDARA SOFÁN

AdxuntoTamaño
anexo II ADMISION.pdf688.04 KB
VACANTES 21 22.pdf234.71 KB


page | by Dr. Radut