Skip to Content

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2022/23, EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Ábrese o prazo para a presentación de solicitudes novas de admisión, dende o 1 ao 21 de marzo.

Nos documentos adxuntos está dispoñible o ANEXO II relativo ao proceso e as VACANTES para o curso 2022/2023, a normativa e unha NOTA INFORMATIVA sobre o proceso, o ANEXO pódese descargar para cubrir e posteriormente entregar asinado no centro, tamén no seguinte enlace da Consellería de Educación, podedes consultar toda a normativa relacionada co proceso de ADMISIÓN, así como xestionar a propia solicitude. Pinchar aquí

A documentación a presentar é a seguinte:

-Formulario de solicitude de admisión ANEXO II (dispoñible na secretaría do centro e na páxina web onde se pode cubrir en liña e imprimir).

-Fotocopia do libro de familia e DNI do alumno/a e dos proxenitores.

-No caso de que o/a alumno/a proceda doutro centro, será necesario a certificación de matrícula, no que conste o curso no que esté matriculado no curso 2021/22.

-No caso de separación legal dos proxenitores, a solicitude de admisión deberá ser asinada polos dous proxenitores e deberase presentar o convenio regulador ou ben a sentenza xudicial de separación ou divorcio.

O horario de secretaría é de 09:50 h a 14:30 h de luns a venres, durante o período de ADMISIÓN.

Para a presentación das solicitudes por parte das familias disponse das seguintes vías:

  1. Presentación da solicitude no centro, ANEXO II e documentación (creada a través da aplicación ou descargada e escrita a man).
  2. Presentación de solicitude en Sede Electrónica a través da aplicación, ADMISIÓN ALUMNADO, que se accede polo enlace insertado no inicio deste anuncio.

SECRETARÍA CEIP GÁNDARA SOFÁN

AdxuntoTamaño
VACANTES 22 23.pdf44.11 KB
NOTA INFORMATIVA PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022 2023.pdf104.36 KB
ORDE DO 12 DE MARZO DE 2013.pdf1.15 MB
anunciog0598-040222-0004_gl.pdf547.99 KB
ANEXO II ADMISION.pdf1.31 MB


page | by Dr. Radut