Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e despois de ler os libros de María Canosa titulados Muriel e A Cazadora de Estrelas, recibimos a visita da autora, que nos contou moitas cousas relacionadas coa súa paixón pola escritura e á que tamén lle fixemos unha entrevista. Ao remate da sesión firmou moitos libros!!!
Onte, 24 de outubro de 2018 celebramos o Día da Biblioteca no centro cun plan lector conxunto onde compartimos refráns típicos da nosa terra que o alumnado redactou e colgamos no noso taboleiro da lingua. Este foi o resultado:
Celebramos o Día da Poesía cunha semana de lecturas de poemas de diferentes autores galegos e casteláns, tales como Alfredo Brañas, Gloria Fuertes, José de Espronceda, Rosalía de Castro, Federico García Lorca, Roald Dahl, etc...
Seguindo co proceso de creación de poemas, con motivo da celebración do Samaín creamos o noso Defunto Delicioso, un poema moi terrorífico creado por todo o alumnado do Gándara Sofán!!!
Cando chegou o outono, a poesía non se esqueceu desta fermosa estación. Aquí vos deixamos creacións propias do alumnado e poemas de autores consagrados.