TELÉFONO 881 93 81 01

CEIP O Marbán

O noso centro cambia de nome. De agora en diante será CEIP O Marbán, pois existe unha lenda, de tradición oral, que hai moitos anos, tivo lugar a batalla das Cen Doncelas, na que un noble francés, Sumaças, conseguiu vencer coas súas tropas aos musulmáns; o que motivou aos Reis de España a outorgarlle o territorio que hoxe leva o seu nome. 

Ao parecer, ás Cen Doncelas eran levadas aos haréns moros. Estas mulleres eran cautivadas nos lugares do municipio e levadas á Casa Grande de As Enchousas. Logo eran embarcadas con destino a África. Os barcos que as levaban podían ser vistos desde o monte máis alto do municipio, desde o que se contempla o mar. Alí acudían os lugareños para despedir ás doncelas exclamando "polo mar van", frase que máis tarde daría nome ao lugar de Marbán.  

 

 

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

ACTUACIÓN MARTA ORTIZ

Os nenos de Educación Infantil tivemos a sorte de ver a actuación de Marta Ortiz: "Casa, casiña, casona".

Por iso fomos ao Centro Cívico e xunto, cos nenos e nenas da Casa Niño, disfrutamos do seu espectáculo, no que tivemos a oportunidade de bailar e cantar, grandes e pequenos.

Queremos agradecer ao Concello por esta invitación.

MOITAS GRAZAS! 

                      

 

DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias, logo da autorización da Xefatura Territorial, comunícovos que o día 20 de Maio, non hai colexio, pois tal e como establece a Orde de calendario escolar (Orde do 3 de maio de 2023 - DOG 16 de maio de 2023), foi un dos escollidos polo centro como non lectivo.

Saúdos,

A directora.

 

ENCONTRO INTERXERACIONAL ARREDOR DO XOGO POPULAR

Desde o Museo Etnográfico de A Capela cheganos esta información. 

                 

XORNADA DE CONVIVENCIA EN CERDIDO.

O pasado venres acudimos á unha xuntanza en Cerdido cos coles de Moeche, de Mañón e da Barqueira. Fixemos diferentes talleres onde nos foron ensinando obxectos antigos atopados nos castros por aqueólogos. Ademáis contáronnos un conto, debuxamos e pintamos, fixemos colares e pulseiras, xogamos e comemos pizza! Foi un día fantástico!

Moitas gracias ao cole de Cerdido por acollernos tan ben e prepararnos actividades tan divertidas.

Vémonos o ano que ven!

Escape Room pola Semana do Libro

Como xa sabedes celebramos a semana do libro facendo moitas actividades para fomentar e desfrutar da lectura. Unha delas foi o apadriñamento que podedes consultar a actividade aquí. Outro día fixemos un escape room por etapas. Primeiro foi o turno de Educación Infantil e 1º, 2º de Educación Primaria. O escape room tiña diferentes probas:  adiviñar títulos de libros, xeroglíficos, portadas de libros e moitas máis. Por cada proba superada conseguían un código de catro díxitos. Despois de probar todas as combinacións posibles con eses díxitos puideron abrir un código e obter un premio. 

 

Dende logo que son moi bos e boas detectives!!! Premede na imaxe para ver a actividade!

 

 

VISTA AO IES CASTRO DA UZ

O 19 de abril, os nenos e nenas de 5º e 6º foron visitar o IES Castro da Uz de As Pontes. Dentro do programa ATRÉVETE, coma todos estes últimos anos o alumnado do último ciclo van a un centro de Formación Profesional onde lles dan unha charla de como emprender e a actitude necesaria para ser un bo emprendedor. Despois recorren diferentes talleres onde participan de diversas actividades.

Pica na foto e verás algunhas fotos.

 

SUSPÉNDESE O TORNEO DE DATCHBALL EN MOECHE

Acaban de informarnos que queda suspendido debido ás condicións climatolóxicas previstas para este día.

 

O Concello de Moeche ten un grupo de participación infantil  no que traballan a favor dos dereitos da infancia e adolescencia e tamén organizan actividades. De feito teñen programado para o sábado 04/05/24 un Torneo de Datchball. Se premedes en ler máis, podedes ver o cartel do torneo e as bases para participar.

Xogamos ao Quidditch

A partir do Día do Libro, o alumnado de 5º e 6º levou a cabo varias sesións sobre o Quidditch, que é o deporte ficticio creado pola autora británica J.K. Rowling na serie de libros Harry Potter. Nós fixemos unha adaptación do xogo sen vasoira, non vaia ser que o alumnado saira voando.

 

  

Distribuir contido