Skip to Content

Novas

Últimas noticias

Reunión familias alumnado 4º infantil (3 anos)

O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:00h no edificio Anexo terá lugar unha reunión de carácter informativo para as familias dos alumnos de 4º de infantil.

Matrícula comedor curso 22/23

Dende o Concellería de Educación do Concello de Lugo, e a empresa concesionaria dos servizos de xantar e madrugadores, informannos que todas as persoas interesadas en reservar praza no servizo de madrugadores ou comedor para o vindeiro curso, terán na web municipal
http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/servicio-municipal-de-comedores-escolares
toda a información relativa para o proceso de inscrición a partir de mediados do mes de xulio, ata o 20 de agosto, para aqueles usuarios que queiran empezar no mes de setembro. Os usuarios que queiran comezar calquera outro mes bastará con darse de alta antes do día 22 do mes anterior.

AXUDA DO CONCELLO DE LUGO PARA MATERIAL ESCOLAR NO 2º CICLO DE ED. INFANTIL. CURSO 2022/23

Prazo de presentación: 1 ao 21 de xuño

Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Lugo ou nos outros lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

Solicitude

Enlace á sede electrónica do Concello de Lugo

Enlace á información na web do Concello de Lugo

MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO. CURSO 2022/23

Prazo: 20 ao 30 de xuño

Documentación para formalizar a matrícula. Prema aquí

As familias do novo alumnado tamén poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro.

FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/23

Normativa: Orde do 29 de maio de 2022 (DOG 18/05/2022)

Destinatarios: alumnado que no curso 2022/2023 estude en Educación Primaria ou ESO

Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)

Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)

Achégase a seguinte documentación:

PUBLICACIÓNS DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO E EXCLUÍDOS. ADMISIÓN DE ALUMNADO 2022/23

As listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído estarán exposta no taboleiro interior do centro dende o día 13 de maio ás 14:00 h. (o alumnado admitido e excluído é o mesmo que nas listaxes provisionais).

Tamén poderán acceder ás listaxes definitivas de alumnado admitido e excluído a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

ADMISIÓN DE ALUMNADO. INFORMACIÓN SOBRE AS SOLICITUDES PRESENTADAS PARA O CURSO 2022/23

4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)
50 VACANTES 31 SOLICITUDES PRESENTADAS
1º EDUCACIÓN PRIMARIA
1 VACANTES 1 SOLICITUDE PRESENTADA
2º EDUCACIÓN PRIMARIA
0 VACANTES 1 SOLICITUDE PRESENTADA (TEN QUE PRESENTAR DOCUMENTACIÓN PARA BAREMO)
3º EDUCACIÓN PRIMARIA
2 VACANTES 1 SOLICITUDE PRESENTADA

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

22 DE ABRIL ÁS 14:00 H.

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

13 DE MAIO ÁS 14:00 H.

MATRÍCULA DO ALUMNADO ADMITIDO

20 AO 30 DE XUÑO

 

ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA. RESERVA DE PRAZA/SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/23

As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria no IES Sanxillao, centro de adscrición do CEIP Illa Verde, terán que entregar a solicitude de reserva de praza do día 11 de xaneiro ao 8 de febreiro na secretaría do noso centro (anexo I). Tamén poden presentar a solicitude na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admsionalumnado).

As familias que queiran que @ seu/súa fill@ estude 1º de Educación Secundaria Obrigatoria noutro centro distinto ao IES Sanxillao terán que entregar a solicitude de admisión de praza do día 1 ao 21 de marzo (anexo II). A solicitude de admisión a presentarán a través da aplicación admisionalumnado (https//www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén poderán presentar a solicitude de forma presencial no centro que elixiron como primeira opción ou na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Anexo I- Reserva de praza no IES Sanxillao (11 de xaneiro ao 8 de febreiro)

Anexo II- Solicitude de admisión en centro distinto ao IES Sanxillao (1 ao 21 de marzo)

Aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/)

Enlace á sede eletrónica

Mapas de escolarización da zona de Lugo

Distribuir contido


by Dr. Radut