Skip to Content

Novas

Últimas noticias

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO CON DEREITO A MÁSCARAS. CURSO 2021/22

Segundo o establecido na Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG 12/11/2021), publicamos no taboleiro interior do centro a relación definitiva de alumnado con dereito a máscaras. Nos vindeiros días poñerémonos en contacto coas familias do alumnado beneficiario das máscaras para indicarlles o procedemento de recollida das mesmas.

PROCEDEMENTO DE REPARTO DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO. CURSO2021/22

Normativa: Orde do 28 de outubro de 2021 (DOG 12/11/2021)

Destinatarios:

  • Alumnado que no curso 2021/2022 estude en Educación Primaria e fose beneficiario da axuda de material escolar (obtivo cheque de 50 €). Neste caso o alumnado está exento de presentar a solicitude e concédenselle as máscaras de xeito automático.
  • Alumnado que no curso 2021/22 estude en Educación Primaria e non presentase a solicitude de axuda para material escolar e teñan unha renda per cápita igual ou  inferior a 6000 € (exercicio fiscal 2019).
  • Alumnado que no curso 2021/22 estude en Educación Primaria e estea matriculado en educación especial ou suxeito á tutela da Xunta de Galicia ou con discapacidade igual ou superior ao 65% independentemente da renda familiar.

Prazo de presentación de solicitudes: 15 ao 26 de novembro (ambos incluídos).

Lugar de presentación: Na secretaría do centro.

Achégase a seguinte documentación:

EXPOSICIÓN DE CABAZAS. SAMAÍN 2021

Premendo na imaxe podedes acceder á galería de imaxes coa exposición de cabazas. Moitas grazas pola vosa colaboración.

cabazas1.jpeg

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS SOBRE O COMEZO DO CURSO 2021/22

 1- Horario de incorporación ás clases

CURSO DÍA

 

HORARIO DE ENTRADA

 

4º ED. INFANTIL (3 ANOS) SEGUNDO O PLAN DE ADAPTACIÓN SEGUNDO O PLAN DE ADAPTACIÓN
5º ED. INFANTIL (4 ANOS) 9 DE SETEMBRO 10.30 H.
6º ED. INFANTIL (5 ANOS) 10 DE SETEMBRO 10.30 H.
1º ED. PRIMARIA 9 DE SETEMBRO 11.00 H.
2º ED. PRIMARIA 9 DE SETEMBRO 10.00 H.
3º ED. PRIMARIA 9 DE SETEMBRO 9.00 H.
4º ED. PRIMARIA

10 DE SETEMBRO

11.00 H.
5º ED. PRIMARIA 10 DE SETEMBRO 10.00 H.
6º ED. PRIMARIA 10 DE SETEMBRO 9.00 H.

O alumnado virá acompañado dun proxenitor e serán recibidos polo/a titor/a correspondente na entrada do edifico principal ou do edifico anexo segundo estea a súa aula. O alumnado xa quedará no centro ata ás 14 h.

As familias de 1º e 5º de Ed. Primaria terán unha xuntanza colectiva co/a titor/a correspondente na hora e lugar indicados a continuación:

1ºA: 9 de setembro ás 11.00 h no ximnasio (sala de usos múltiples do edificio principal)

1ºB: 9 de setembro ás 11.00 h no pavillón

5ºA: 10 de setembro ás 10.00 h no ximnasio (sala de usos múltiples do edificio principal)

5ºB: 10 de setembro ás 10.00 no pavillón

As familias dos restantes cursos non terán reunión colectiva e recibirán do/a titor/a no patio do centro a seguinte documentación:

  • Listaxe de material escolar
  • Documentos de comezos de curso (autorización da imaxe, opción rel./valores...) que deberán cubrir e entregar ao día seguinte ao titor/a
  • Libros do programa Fondolibros (alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria)

As familias deberán asinar a declaración xurada onde se comprometen a non enviar ao seu/súa fillo/a ao centro con síntomas compatibles coa COVID 19. Prema aquí para acceder á declaración xurada

 

2- Entradas e saídas do alumnado ao centro. Prema aquí para acceder ao documento

 

3- Servizo de comedor e madrugadores

O servizo de xantar funcionará dende o día 9 de setembro e o servizo de madrugadores dende o día 10 de setembro.

A listaxe de alumnado admitido nestes servizos está exposta no taboleiro que hai na entrada do edifico principal. O centro non responde a chamadas de teléfono para informar desta listaxe.

AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22. PRAZOS PUBLICACIÓN LISTAXES E ENTREGA DE VALES

PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO (3º E 4º ED. PRIMARIA)

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL (NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO)

2 DE XULLO

RECLAMACIÓNS Á LISTAXE PROVISIONAL

5 E 6 DE XULLO

PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA (NO TABOLEIRO INTERIOR DO CENTRO)

7 DE XULLO

ENTREGA DOS LIBROS DE PRÉSTAMO

A PRIMEIRA SEMANA LECTIVA DE SETEMBRO (DENDE O 9 DE SETEMBRO)

VALES DE LIBROS DE TEXTO (1º E 2º DE ED. PRIMARIA) E MATERIAL ESCOLAR (TODOS OS CURSO DE ED. PRIMARIA)

ENTREGA DOS VALES (NA SECRETARÍA DO CENTRO)

8 E 9 DE XULLO (AS FAMILIAS QUE NON RECOLLAN O VALE NESTAS DATAS TERÁN QUE ESPERAR A SETEMBRO PARA RECOLLELO)

ASÍ MESMO, AS PERSOAS SOLICITANTES PODERÁN ACCEDER POR VÍA ELECTRÓNICA AO SEU EXPEDIENTE, A TRAVÉS DA APLICACION FONDOLIBROS, EMPREGANDO A CHAVE 365 OU O CERTIFICADO DIXITAL DA FÁBRICA DA MOEDA E TIMBRE

MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO. CURSO 2021/22

Prazo: 20 ao 30 de xuño

Poden presentar a documentación da matrícula presencialmente na secretaría do centro ou de xeito non presencial seguindo as instrucións que figuran no bloque Trámites online.

Documentación para formalizar a matrícula. Prema aquí

As familias do novo alumnado tamén poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut