Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 

25 N: O CEIP JAVIER SENSAT CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Hoxe, todo o colexio Javier Sensat formamos parte dun acto moi entrañable e reivindicativo, tal e coma se merece a ocasión.Todos/as xuntos/as compartimos unha andaina (con vestimenta e luvas moradas postas nas mans), desde o colexio ata a praia de Alcabre, unidos nunha soa voz. Berramos sen parar lemas contra a violencia de xénero. Algúns deles eran:"Que todo o mundo nos vexa, non nos gusta as pelexas", " Non se pega, non se pega", " Enriba o amor, abaixo o maltrato" " O colexio Javier Sensat contra a violencia de xénero" "Todos somos iguais", "Non máis machismo", "Stop violencia, adiante agarimos"...

 

A continuación, os nenos e nenas de 6º EP leron un manifesto en prol do remate da violencia contra a muller e a preocupante realidade, deste problema no noso país.

 

Por último, tanto mestres/as como alumnos/as cantamos a canción "Todos me miran" de Gloria Trevi.

 

Cremos que a actividade de hoxe foi unha lección de vida que non esquecerán xamais.

 

Aquí deixamos unha mostra de pancartas que fixeron os nenos/as. Había centos delas...

 
 
 
 
 
 
 



page | by Dr. Radut