Skip to Content

Equipo de dinamización da lingua galega

Día das letras galegas 2020.

Resumo do ano da COVID-19. DÍA DAS LETRAS GALEGAS (posposta)

Esta foi a aportación dos mestres presentes ao comezo do curso 2020-2021 no día das letras galegas. A xornada fíxose en cada unha das aulas e o alumnado cantou as cancións para festexar a data e falouse do escritor homenaxeado. A canción que interpretaron os mestres tamén se visionou nas aulas e agora poñémola na nosa web. Esperamos que sexa do voso agrado. Premede no corazón:  

MAGOSTO 2020- 11 NOVEMBRO 2020

 

 

 

 

 

A COVID-19 non conseguíu que polo San Martiño, 11 de marzo, o colexio Javier Sensat celebrase o Magosto.

Pasámolo moi ben! Tivemos quen nos asase castañas, e con todas as normas de seguridade que a pandemia nos obriga, as comemos por grupos-aula, cada clase nunha zona do patio.

Ademais, aproveitamos que facía bo día para colleren materiais naturais ( folllas, flores...), que había dentro da instalación do colexio e  fixeron unha mandala por cada aula. A ver se vos gustan...Foron moi creativos/as!

 

 

 

 

ENTROIDO 2019 no CEIP PLURILINGÜE Javier Sensat

 

 

O Entroido desde ano foi abdicado ao cinema e todos os cursos escolleron unha película relevante para eles. Este foi o resumo da xornada. Esperemos que vos guste. 

https://youtu.be/6ibJTmYaA9A

 

24 de febreiro. Día de Rosalía 2019

Festexamos o día do nacemento de Rosalía De Castro con unha interpretación das súas obras recitadas, cantadas ou musicadas dentro das clases de todos os niveis dende infantil ata primaria.

A celebración do día de Rosalía no curso de 6 EP foi como sigue co poema “Non che digo nada, pero vaia...”

 https://vimeo.com/322491692

Esta foi a interpretación de 4 de EP “Negra sombra”. Preme no link.

https://vimeo.com/319327065

A seguinte foi a da clase de 5 de EP co poema musicado “Imos bebendo” 

 https://vimeo.com/319327065

 Logo fixéronse dous raps dos poemas de Rosalía: ”Aires, airiños aires” interpretado por 3 EP

 https://vimeo.com/321712928

E tamén a versión dos alumnos de 1 EP “Adiós ríos, adiós fontes”

 https://vimeo.com/321634995

Os alumnos de 2 EP fixeron a versión do poema “Maio Longo” de Rosalía e musicado por Uxía.

 https://vimeo.com/321634216

 Os alumnos de infantil de 3 anos bailaron e cantaron o poema “adiós ríos, adiós fontes” de Rosalía e musicado por Astarot.

https://vimeo.com/321638655

Os alumnos de infantil de 4 e 5 anos fixeron un teatro de sombras do poema ”Negra Sombra” 

 https://vimeo.com/321807204

 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017. Parte 1.

Ola a todos e todas. Queremos presentarvos a primeira pate do festival celebrado co gallo do día das letras galegas 2017 adicado a Carlos Casares. Esperamos que o desfrutedes e un saúdo.

Premede no corazón.

EU LETRAS GALEGAS E CARLOS CASARES.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017. Parte 2

Ola de novo a todos e todas. Aquí tedes unha mostra do noso festival das letras galegas adicado a Carlos Casares. Nesta 2ª parte podedes ver as actuacións de primaria premendo na icona do corazón. Un saúdo e que o disfrutedes.

EU LETRAS GALEGAS CON CARLOS CASARES

O PEIXE DA FONTE DO XARDÍN. Carlos Casares.

Ola de novo. Xa temos outro conto para infantil e primeiro ciclo. O conto trata dun perrsonaxe moi coñecido por todos en cada aldea e era a figura do tolo. Neste caso chámase Leoncio e pódese ver en poucas palabras a tenrura coa que lle describe Carlos Casares. Espero que vos guste.

Como sempe premede na icona de abaixo paa ver o video.

 

ψ

 

 

ENTROIDO 2017 DAS NOSAS RÍAS.

ENTROIDO 2017.

Este é o resumo da xornada do venres matinal do 24 de febreiro, data na que celebrouse o entroido no noso colexio.

Durante toda a semana o meco ou mandadeiro obrigounos a vir cada día cun obxecto ou prenda e o último día venres despois do desfile no patio tivemos que poñer fin a tal desorde e tolería queimando o meco e deixar a escola como estaba antes do meco.

Premede neste link debaixo e veredes parte da xornada do colexio.

Distribuir contido


by Dr. Radut