Skip to Content

T.I.C.

GRADUACIÓN DE 6 PRIMARIA E 6 INFANTIL 2017

 

 

 

OLA A TODOS E TODAS! XA REMATAMOS O CURSO E COMO COLOFÓN E HOMENAXE AOS NOSOS NENOS E NENAS DE DE FIN ETAPAS QUEREMOS ENSINARLLOS O SEU TRABALLO DE FINAL DE CURSO. ESTAS FORON AS CELEBRACIÓNS DAS GRADUACIÓNS DE 6º DE PRIMARIA E INFANTIL. MOI BOA SORTE AOS QUE MARCHAN DO COLEXIO PARA ENCAMIÑAR O SEU PERCORRIDO POLA ENSINANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA E MOI BO VERÁN TAMÉN AOS DE INFATIL QUE PASAN A PRIMARIA.

EU ♥ AOS GRADUADOS E GRADUADAS.

 

O MURAL DO CEIP JAVIER SENSAT NO PROGRAMA A REVISTA DA TVG

O día 5 de xuño viñeron gravar un equipo da TVG o mural que están a facer na parede do colexio con respecto ao noso tema "As nosas rías". A artista que o diseñou iniciou aos rapaces de 6º na pintura de murais que patrocina o Concello de Vigo xunto a outros 5 colexios. O noso xefe de estudos Ramón foi entrevistado e fixéronse dúas conexións en directo. No link de abaixo pódese ver a primeira no minuto 24 e logo no minuto 51 e medio.

EU  tvg

CONTOS PARA NENOS DE CARLOS CASARES

CONTO CON IMAXES para ver en forrmato libro na páxina de ISSU ou en PDF para descargar.

A BOMBA DA FELICIDADE (Carlos Casares)

  

A bomba da felicidade inventouna o Leoncio unha noite que durmíu nun portal pasando moito frío. Para botala teráse que subir nun paxaro e voar un quilómetro ceo arriba. Cando suba ben alto, tenlle que decir o paxaro en idioma «papapío»: «Paspallis pío pío pían», que quere decir: «Prepárate que imos botar a bomba». Entón o paxaro respóndelle «Raspapín pau», que quere decir: «Estou preparado».

 

Cando diga esto, o Leoncio abre a mau dereita e deixa caer a bomba que é moi pequeniña. No pobo onde estoura, aparecen de repente vinte bandas de música tocando alboradas, pasodobles, muiñeiras e demáis. Chove roscós, rosquillas, e globos de cores. E por se fora pouco, o ceo ponse todo azul e o sol non queima. E a xente sinte unha grande felicidade. 

 

 

A GALIÑA AZUL (Carlos Casares)

A GALIÑA AZUL de Carlos Casares para as LETRAS GALEGAS 2017.

Ola a todos e todas. Xa esta preto a celebración das letras galegas 2017 e este ano temos a un escritor que fixo moito pola literatura infantil en galego. O video a seguir é unha versión da súa historia contado coa aplicación de Toontastic na que se fala da liberdade de elección e escolla nunha sociedade democrática. Espero que vos guste.

Preme na icona de abaixo para ver o video.

DÍA DA PAZ NO CEIP JAVIER SENSAT

O colexio Javier Sensat celebrou o día da paz o pasado 30 de xaneiro cantando e formando un sol de varios raios feitos das mans decoradas dos alumnmos e alumnas. Cada curso colocou as súas mans de cartolina decorada ao redor  dun mesmo sol mentres se escoitaba a canción "Bajo el mismo sol". Posteiormente e antes de recollelas tamén cantamos a canción con linguaxe de signos "Soan as campás" que xesticularon e cantaron.

Esta é unha pequena mostra do que se fixo o último luns de xaneiro. Premede nos símbolos de abaixo para ir ao link dos videos.

O MURAL DAS ILLAS CÍES FEITO POR "LINO"

31 Ene 2017 15:30
Europe/London

Dende o claustro do CEIP Javier Sensat queremOs presentar a obra do noso querido consexe Lino e agradecerlle a planificaciçon, dedicación e traballo empregado no mural que decora o noso colexio para o desfrute da nosa comunidade escolar.

Se prremedes na icona de abaixo iredes ao video subido ao YOUTUBE. Esperamos que vos guste.

FIN DE ANO NO JAVIER SENSAT 2016-2017

§OLA A TDOS E TODAS. FELIZ ANO NOVO 2017 LEVAMOS TEMPO FESTEXANDOO E ESPERAMOS QUE NOS VEÑAN BEN DADAS ESTE ANO NO ACADÉMICO E PROFESIONAL POLO MENOS.

QUEREMOS AMOSARVOS ALGO DO QUE FIXEMOS NO ÚLTIMO DÍA LECTIVO DO ANO PASADO 2016. CELEBRRAMOS A FIN DE PRIMEIRO TRIMESTRE COAS TRADICIÓNS ESPAÑOLAS DAS UVAS DA SORTE, O BRINDIS E A FESTA CON ALGUNHA SORPRESA COMA O CORO EN INGLÉS DE TODO O COLEXIO E O NOVEDOSO MANNEQUIN CHALLENGE TAN VISTO E MANIDO.

A BATALLA DE RANDE (contada polos nenos e nenas de 2 PRIMARIA)

Esta é a primeira pate da famosa Batalla de Rande que aconteceu en 1702 e no medio e medio da guerra de sucesión polo trono español que quedou valeiro despois da morte sen descendentes de Felipe II.

O resultado da batalla queda no aire en espera da segunda entrega que farán os rapaces antes do Nadal con un pouco de sorte e ventos favorables.

O video resultante aparecerá no momento que premades a imaxe de copyright de abaixo:

©

GRAZAS A TODOS POLA ATENCIÓN. UN SAÚDO E ATA A PRÓXIMA ENTREGA.

Distribuir contido


by Dr. Radut