COLABORACIÓN DO CICLO DE MADEIRA DO IES DE ORTIGUEIRA CO COLEXIO

 

Este curso iniciamos a andaina da Comisión de Dinamización dos Patios. A comisión está composta por profesorado do centro, representantes de pais e nais do Consello Escolar e membros da ANPA Curuxeira.

A idea é ir pouco a pouco dotando aos patios de espazos de maior calidade así coma de materiais e recursos para diversificar as posibilidades de entretemento no tempo de lecer.

O xoves 25, grazas a colaboración do Ciclo de madeira do IES de Ortigueira, ampliamos a dotación no patio "dos maiores". Esa mañá achegáronse dous profes do ciclo, xunto a unha representación do alumnado e entregáronos un xogo de fichas de damas e outro para xogar ao tres en raia. Tamén asistiron á entrega varios membros da ANPA, representantes do alumnado do colexio e a directora do centro.

 

 

 

Queremos agradecer ao ciclo de madeira a súa boa disposición a axudarnos. Sempre dispostos a botar unha man.

Tamén agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira nesta actividade, que organizou e donou o taboleiro para a realización das pezas.

 

 E o venres 26, na celebración dos Maios, estreamos o photocall feito tamén polo ciclo de madeira. Mirade que chulo quedou adornado con flores feitas no cole.

 

Seguro que lle daremos moito uso. Grazas a todos os mestres e alumnado que traballou neste proxecto.