Portada

 

 

CEIP JOSÉ MARÍA LAGE

Pedro Castiñeiras s/n

15330 ORTIGUEIRA

entrada centro

  

Correo electrónico: ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

 

Teléfono: 881 93 04 17

 

 

 

 

 

 

23 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro o noso alumnado visitou a Biblioteca Municipal para levar a cabo unha actividade relacionada coa autora. Mostra do que fixeron é este vídeo que as persoas encargadas da actividade tiveron a consideración de facernos.

Moitas grazas pola dedicación e esperamos que vos guste o resultado.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo na galería de imaxes.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA (1 - 20 MARZO)

 

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ORDINARIA

(1 - 20 MARZO)

 

A presentación da solicitude pode facerse telematicamente na páxina web https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con certificado Dixital ou Chave 365.

As vacantes ofertadas polo centro, están visibles no Taboleiro de Anuncios da entrada do Colexio.

De facerse a solicitude no centro de forma presencial, deberedes achegar a seguinte documentación:

  • Anexo II e Anexo II-bis debidamente cuberto e asinado por ambos proxenitores.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (libro de familia, DNI...)
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
  • Resolución xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidadeda persoa solicitante ou membros computables da unidade familiar (de ser o caso).
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero (de ser o caso).
  • Certificado de vítima de terrorismo (de ser o caso).

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta de datos, deberán indicalo no recadro correspondente dos Anexos e achegar os documentos correspondentes

O HORARIO DE ATENCIÓN A FAMILIAS DA SECRETARÍA NO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE É DE 11:30 A 12:20 HORAS DE LUNS A VENRES.

As listaxes de admitidos publicaranse na web Admisión de Alumnado e no taboleiro de anuncios do Centro Educativo.

  • Listaxe Provisional: 25 de abril (5 días para hábiles para posibles reclamacións)
  • Listaxe definitiva: 15 de maio

 

Formalización de Matrícula: do 20 ao 30 de xuño

Reserva de praza IES de Ortigueira

 

RESERVA DE PRAZA NO IES DE ORTIGUEIRA

 

Dende o día 15 de xaneiro está aberto o prazo para a reserva de praza no IES de Ortigueira para o alumnado de 6º de Educación Primaria; por ser o IES adscrito que nos corresponde; aínda que despois a matrícula se realice noutro instituto (segundo o Decreto 13/2022 de 3 de febreiro e a Orde do 21 de outubro de 2022).

 

O alumnado de 6º de Educación Primaria levará unha copia impresa facilitada dende o centro educativo.

Todo o resto do alumando do centro, terá asegurada permanencia o próximo curso e non terán que facer reserva de praza, é só para o alumnado de 6º de Educación Primaria.

 

ACCESO Á APLICACIÓN ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

MANUAL DA APLICACIÓN PARA AS FAMILIAS

 

INSTRUCIÓN COMEDORES ESCOLARES 23/24

Publicadas as instrucións sobre o funcionamento dos comedores escolares para o curso 2023/2024

Aberto o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado.

O modelo de Autodeclaración poderá ser presentado presencialmente ou  vía correo electrónico do centro educativo acompañado do volante de empadronamento no que figuren todos os membros da unidade familiar.

ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal

 

MODELO DE AUTODECLARACIÓN

 

INSTRUCIÓN 2/2023

 

Adxuntamos enlace da calculadora:

 

CALCULADORA PARA A AUTODECLARACIÓN

LISTADO LIBROS DE TEXTO 2023 - 2024

 

Nos seguintes enlaces poderedes acceder ao listado de libros de texto do curso 2023- 2024.

Cambiaron os libros de 2º e 4º de Primaria.

LIBROS DE 1º DE PRIMARIA

LIBROS DE 2º DE PRIMARIA

LIBROS DE 3º DE PRIMARIA

LIBROS DE 4º DE PRIMARIA

 

Non hai listaxe de libros de texto para o alumnado de 5º e 6º de Primaria por participar no programa dixital  E-DIXGAL.

 

Listaxes Provisionais de Fondo Libros

Publicadas as listasxes provisionais de Fondo Libros e axudas de material escolar do curso 23-24

 

Publicadas a día de hoxe as listaxes provisionais de Fondo Libros e Axudas para Material Escolar, habiliataranse dous días para posibles reclamacións (venres 30 de xuño e luns 3 de xullo) en horario de 11:00 a 13:00 horas.

 

  • As listaxes do Fondo de Libros (3º e 4º) están no taboleiro de anuncios do Colexio, e poderedes consultalo a través da aplicación Fondo Libros coa Chave 365.

 

  • As listaxes de Axudas de Material Escolar consultaranse persoalmente coa Secretaria do Centro.

 

As listaxes definitivas publicaranse o martes día 4 de xullo.

A entrega de vales de libros e material realizaranse entre o mércores 5 de xullo e o mércores 12 de xullo en horario de 11:00 a 13:00.

A entrega será de xeito persoal ao solicitante/conxuxe, ou con autorización por escrito a outra persoa.

Aquelas familias que non puidesen vir neste horario que contacten co centro educativo (881 930 417).

Os vales que queden pendentes de entrega serán entregados en setembro.

COLABORACIÓN DO CICLO DE MADEIRA DO IES DE ORTIGUEIRA CO COLEXIO

 

Este curso iniciamos a andaina da Comisión de Dinamización dos Patios. A comisión está composta por profesorado do centro, representantes de pais e nais do Consello Escolar e membros da ANPA Curuxeira.

A idea é ir pouco a pouco dotando aos patios de espazos de maior calidade así coma de materiais e recursos para diversificar as posibilidades de entretemento no tempo de lecer.

O xoves 25, grazas a colaboración do Ciclo de madeira do IES de Ortigueira, ampliamos a dotación no patio "dos maiores". Esa mañá achegáronse dous profes do ciclo, xunto a unha representación do alumnado e entregáronos un xogo de fichas de damas e outro para xogar ao tres en raia. Tamén asistiron á entrega varios membros da ANPA, representantes do alumnado do colexio e a directora do centro.

 

 

 

Queremos agradecer ao ciclo de madeira a súa boa disposición a axudarnos. Sempre dispostos a botar unha man.

Tamén agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira nesta actividade, que organizou e donou o taboleiro para a realización das pezas.

 

 E o venres 26, na celebración dos Maios, estreamos o photocall feito tamén polo ciclo de madeira. Mirade que chulo quedou adornado con flores feitas no cole.

 

Seguro que lle daremos moito uso. Grazas a todos os mestres e alumnado que traballou neste proxecto.

 

 

CARREIRA SOLIDARIA CONTRA A LEUCEMIA INFANTIL

O pasado venres, 21 de abril, organizamos unha carreira solidaria na que participou toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado e familias.

 

Trátase da 8ª Carreira Solidaria A Volta ao Cole contra a leucemia infantil. Unha carreira na que todos gañamos.

 

No seguinte vídeo poderedes ver a todo o centro participando na carreira.

 

 

 
 
Desde o centro queremos dar as grazas a todos os que, dalgunha maneira, participaron nesta actividade. En especial queremos agradecer a colaboración da ANPA Curuxeira na organización do evento.
 
E se queredes ver todas as fotos sacadas, podedes acceder á galería de fotos do cole clicando no segunte enlace
 
 
 
Ide preparándoos para o curso que ven, seguro que repetimos carreira. Porque como di o lema da carreira:
 
"XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES"
 
 
 
 
 
Distribuir contido