Skip to Content

GUÍA DE LECTURA VERÁN 2023

Coma todos os anos aquí tedes a guía de lectura de verán. 
 

ENTROIDO 2023

 O Entroido está a piques de chegar, por iso, o luns 13 de febreiro, o Meco instalarase no colexio cos seus mandatos diarios. 

Ademais, o venres 17, celebraremos unha pequena festa de disfraces, así que, dentro da temática do noso Proxecto Documental Integrado sobre a cidade da Coruña, o alumnado vestirá de choqueiro. 

Atoparedes información máis polo miúdo no cartel que se acompaña e no documento adxunto. 

FELIZ ENTROIDO!

 

GUÍA DE LECTURA NADAL 2022

Coma todos os anos aquí tedes a guía de lectura de Nadal. Tédela tamén en arquivo adxunto. 
 
 
FELICES FESTAS!

RECOLLIDA SOLIDARIA

Estimadas familias:

Seguindo coa liña do Proxecto Solidario que estamos desenvolvendo no noso cole e, coincidindo coa chegada dunhas datas moi sinaladas e familiares, a vindeira semana (do 12 ao 16 de decembro), levarase a cabo unha recollida solidaria, en colaboración coa Asociación AGA Ucraína, de diferentes produtos que podedes consultar no documento que se xunta. Estes produtos serán depositados polo alumnado nunhas caixas habilitadas para tal fin nas aulas de primaria e no patio cuberto de infantil.

Ademais da comunidade educativa, estendemos esta acción ao resto da veciñanza que tamén poderá colaborar achegándose ao centro desde o día 12 ao 16 de decembro en horario de 11:45 a 12:15 horas.

Moitas grazas.

NATALIA EN CANADÁ

A nosa mestra de Educación Infantil, Natalia, foi unha das participantes do Programa PIALE da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades co cal estivo durante un mes en Canadá visitando unha escola. 
Para poder ensinarnos todo o que fixo alí, mandounos un vídeo coa súa experiencia. 
 

MAGOSTO 2022

O pasado venres 11 de novembro, celebramos no CEIP Plurilingüe Labaca o tradicional magosto. A nosa castañeira convidounos a castañas asadas que degustamos no patio de recreo. Ademais, a música tradicional galega estivo presente na xornada. Que ben o pasamos!!

 

 

  

CABAZAS PREMIADAS

Parabéns aos gañadores e gañadora deste concurso de cabazas no Samaín do CEIP Plurilingüe Labaca: Néboa, Mario e Vasco. 

Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar. 

 

FELIZ SAMAÍN! 

SAMAÍN 2022

Distribuir contido


by Dr. Radut