Skip to Content

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2022

 

 

 

FAI CLIC NA IMAXE

XORNAL DA ESCOLA 2021/2022

         

PORTAS ABERTAS CURSO 2022-2023

 

FAI CLICK NAS IMAXES PARA PODER FACER UNHA VISITA POLO NOSO CENTRO, E PARA COÑECER COMO TRABALLAMOS NA ETAPA DE EDUCACIÓN INFANTIL.

GUÍA DE LECTURAS NADAL 2021

 FAI CLIC NA IMAXE

FELICITACIÓN NADAL 2021

Un ano máis a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Labaca quere desexarvos un Bo Nadal, para o que o alumnado do centro elaborou un vídeo-felicitación (fai clic na imaxe).

Esperamos que vos guste!

LIBROS DE TEXTO CURSO 2021-2022

No documento que se xunta pódense consultar os libros de texto do curso 2021-2022. Tamén os poden atopar no taboleiro interior do centro educativo.

As listaxes de material escolar serán publicadas na páxina web do centro no mes de setembro, uns días antes do comezo do curso escolar.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

Infórmase da publicación no Diario Oficial de Galicia do día 20 de maio de 2024, a Orde do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar, destinada ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en  centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2024-2025

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño.

Como presento a solicitude? 

  • De xeito electrónico (unha solicitude individual para cada fillo/a): a través da aplicación FONDOLIBROS empregando a SEDE ELECTRÓNICA. É preciso identificarse con Chave365 ou DNI electrónico.
  • Presencial con asistencia da aplicación: cubrindo os datos na aplicación FONDOLIBROS  e imprimindo os Anexos I e II para presentación na secretaría do centro.
  • Presencial manual: cubrindo os Anexos á man e presentándoos na secretaría do centro.(impresos  dispoñibles nos documentos que se xuntan e tamén na conserxería do centro).

Que documentación teño que presentar con carácter xeral?

  • Anexo I e II cubertos e asinados.
  • Copia do libro de familia.
  • Sentenza ou convenio regulador (se separación ou divorcio).

Calendario do procedemento

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

21 de maio-21 de xuño

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS

25 de xuño

RECLAMACIÓNS ÁS LISTAXES PROVISIONAIS

26-27 de xuño

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS

28 de xuño

RECOLLIDA DE CHEQUE MATERIAL  (TODOS OS CURSOS DE PRIMARIA) E CHEQUE LIBROS (1º,2º DE EP e NEAE)

1-2 de xullo (9 a 11 horas)

2-6 de setembro (9 a 14 horas)

ENTREGA LIBROS FONDO (3º, 4º, 5º E 6º DE EP)

Primeiros días do curso 2024-2025 (setembro 2024)

PORTAS ABERTAS CURSO 2021-2022

Neste 2021, debido á situación sanitaria na que nos atopamos, as xornadas de portas abertas serán de xeito virtual, polo que vos deixamos este video para poder ver e coñecer un pouco máis o noso cole: 

 

Ademais, na seguinte ligazón tedes a INFORMACIÓN SOBRE EDUCACIÓN INFANTIL.

Nos próximos días, actualizarase todo o relativo á admisión do alumnado (normativa, procedemento, prazos...) no apartado de secretaría.

Distribuir contido


by Dr. Radut