"PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS"

A pasada semana o alumnado de 5º e 6º de primaria participou no proxecto de Afundación “Plantando árbores con pinceis”.  Un programa pioneiro pola sostibilidade que mestura cultura, creatividade e coidado do medio ambiente a través da realización no centro de Murais Artísticos Colaborativos e Ecolóxicos e obradoiros de pintado de bolsas de tea con pinturas fotocatalíticas anticontaminación.

O alumnado de 6º realizou o mural e o alumnado de 5º participou no obradoiro de pintado de bolsas.

Para a realización desta actividade colaborou ademais de o colexio, a ANPA, a asociación Vella Escola Cultura Urbana e Afundación.

 O resultado do mural, baseado en varios bocexos feitos polo alumnado, podédelo ver no patio de columnas de abaixo.