Skip to Content

AXUDAS DO CONCELLO

 Publicáronse as bases reguladoras para a concesión de axudas municipais a familias con fillos/as en Ensino Obrigatorio para o curso 2023/24 que convoca o CONCELLO DE VIGO.

 Segundo consta na convocatoria:

 - Aquelas familias que foron beneficiarias das axudas no curso 2022/2023 non están obrigadas a presentar o certificado de matrícula.

 - As familias que non foron beneficiarias e precisen o certificado de matrícula poderán solicitado a través do correo electrónico: ceip.lopedevega@edu.xunta.gal. Tamén pode ser descargado dende ABALAR/ESPAZO FAMILIAS se dispón de chave365 ou certificado dixital .

 O alumnado de 1º de E.P. e de nova incorporación ao centro levarán a casa os certificados de matrícula.

 Lembrámoslles que estas axudas non se tramitan no centro, son convocadas polo Concello de Vigo, as dúbidas que xurdan deberán consultalas directamente no CONCELLO.

 

 

VELAÍ VÉN O SAMAÍN!!!

UUUOOOOOOLAA!!!

AI QUE XORNADA DE RISA NOS AGARDA!  O 31 DE OUTUBRO, MARTES (SE O TEMPO NOS DEIXA...)

UNHA BOA RISA É O MELOR PARA ESPANTAR OS MEDOS!

ESTE ANO PROPOÑÉMOSVOS QUE ADEMAIS DA NOSA LEXENDARIA DECORACIÓN DE PEITEADOS TERRORÍFICOS, DECOREMOS OS PÉS TAMÉN...

DE SEGURO QUE DESFRUTAREMOS MOITO DESTE DÍA!!

 

 

LISTAXE DEFINITIVA COMEDOR E TRANSPORTE

Estimadas familias:

Informamos que:

- Todas as solicitudes de comedor para o curso 2023-24 están admitidas.

- As solicitudes de transporte están todas admitidas agás aquelas familias ás que se lle comunicou telefonicamente os cambios pertinentes.

 

Todas estas listaxes quedan á vosa disposición na secretaría do centro, onde poderedes consultalas ata o venres día 14 en horario de 10 a 13h.

 

Unha agarimosa aperta e feliz verán.

 

O Equipo Directivo.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias :

Con data 4 de xullo 2023 ábrese o prazo de presentación da autodeclaración para o servizo de comedor escolar do vindeiro curso. Deberán cubrir o impreso da autodeclaración e presentalo PRESENCIALMENTE na Secretaría do Centro antes do 11 de setembro.

O impreso pódeno descargar no arquivo adxunto ou recollelo na Secretaría do Centro.

 O equipo directivo

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL CURSO 2023-2024

INFORMAMOS DE QUE NOS DOCUMENTOS ADXUNTOS PODEDES ATOPAR AS LISTAXES DOS LIBROS DE TEXTO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024. ESTAS LISTAXES TAMÉN ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

UN SAÚDO.

O EQUIPO DIRECTIVO.

Distribuir contido

RECURSOS EDUCATIVOS



by Dr. Radut