Blogues

Información Concello Axudas comedores escolares

 

No  Boletín Oficial da Provincia nº 228 de data 29/11/2023, publicouse a Convocatoria de axudas as familias para a asistencia a comedores escolares curso 2023/2024. Estas son as axudas que se convocan todos os cursos en réxime de concorrencia competitiva para as familias con menores ingresos, que deben facer a súa solicitude individualmente ante o Concello.

As solicitudes deberán presentarse ante o rexistro do Concello de Oleiros sito no Centro Cultural “A Fábrica”, en horario de 8:30 a 14:00 horas, ou ben a través da Sede electrónica, no modelo normalizado que se inclúe na convocatoria.

O prazo de solicitude rematará o día 15/12/2023.

Achégase a convocatoria onde figuran as condicións que rixen a mesma, así como o modelo normalizado onde hai que realizar a solicitude, a efectos de que, se o considerades, poidades facilitar a información ás familias que poidan estar interesadas.

Día do Ensino

Segundo o calendario escolar do curso 2023/24 ( Orde do de maio de 2023), o xoves 7 de decembro establécese como día non lectivo ao ser o Día do Ensino, polo que non haberá clase.

Concello de Oleiros: Campamento de Nadal

Desde o Servizo Municipal de Educación do concello de Oleiros infórmanos que ten organizada unha actividade que pretende axudar as familias a ter opcións interesantes de tempo libre para os meniños e meniñas da casa nas vacacións e remítenos a información básica da actividade de CampaNadal que facemos na semana das festas para nenos e nenas de infantil e primaria (tamén estará dispoñible na páxina do Concello).Tedes a información pulsando na imaxe:

 

Plan de Mellora de Bibotecas

A Consellería acaba de publicar a Resolución definitiva da convocatoria do PLan de Mellora de bibliotecas escolares ( DOG do 17 de novembro de 2023)  para o curso 2023/24, e, grazas ao proxecto presentado e ao traballo que se vén realizando, o noso colexio foi seleccionado. A dotación concedida suporá un gran impulso para a mellora da nosa biblioteca e o fomento da lectura.

La Consellería de Educación incorpora 28 centros públicos al Plan de mejora  de bibliotecas escolares (PLAMBE) | Consellería de Cultura, Educación y  Universidad

Importante información da ANPA

Subvención do Concello de Oleiros aos usuarios do comedor

No curso escolar 2023-2024 o Concello de Oleiros vai conceder unha subvención á ANPA destinada a disminuir o custe do comedor escolar ao alumnado usuario que o solicite e que estea empadroadono Concello de Oleiros.

Deberá presentase a solicitude debidamente cuberta á ANPA antes do día 31/10/2023

Tedes acceso a toda a información neste enlace ao blog da ANPA

 

DÍAS NON LECTIVOS

A Xefatura Territorial vén de autorizar a petición de día non lectivo para o 13 de outubro, polo que ese día non teremos clase.

PROGRAMA MUNICIPAL DE NATACIÓN ESCOLAR 2023/24

preview highslide max

Inscricións

Do 18 ao 23 de setembro de 2023, na piscina que lle corresponda realizar a actividade

 

Elección de días non lectivos curso 2023/24

No Consello Escolar elexíronse como días non lectivos, pendentes de aprobación por parte da Xefatura Territorial, no curso 2023/24:

  • 13 de outubro de 2023

  • 20 de maio de 2024

Becas e axudas para alumnado con necesidad específica de apoio educativo

BECAS N.E.E 2022-2023 - Colegio "Sagrado Corazón" - Jesuitinas

Lembramos que ata o 20 de setembro está aberto o prazo para solicitar as becas e axudas axudas ao alumnado con NEAE.

Tedes enlace a toda a información no panel da esquerda.

Podedes pedir cita previa coa Orientadora, se o precisades, chamando ao teléfono co colexio.

VISITA O NOSO COLE

 

O alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA que se incorpora ao noso centro por primeira vez neste curso, está invitado a coñecer as instalacións do cole o XOVES 7 de setembro ás 11:00 h, previo ao inicio das clases o luns 11.

 

O alumnado de 5º e 6º de EDUCACIÓN INFANTIL de nova incorporación, desde a titorías poñeranse en contacto con vós telefonicamente para concertar a visita do cole antes do inicio das clases.

 

 

Distribuir contido