Blogues

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

As listaxes poden consultarse na Aplicación "fondolibros", mediante a Chave 365, ou no taboleiro de anuncios do centro.

*Pola Lei de Protección de Datos, non podemos dar ningunha información por teléfono das listaxes.

Publicación da listaxe provisional de beneficiarios: 4 de xullo

Prazo de reclamacións ás listaxes provisionais: 5 e 6 de xullo

Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo

Entrega de vales: do 10 ao 14 de xullo de 9 a 14 horas

 

Entrega dos libros adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro.

A listaxe de libros de texto para o curso 2023/24 podedes consultala no taboleiro do centro e nesta web.

Os vales tamén poderán ser recollidos no mes de setembro

 

ACTIVIDADES DE ACOLLIDA

Datas de reunións coas familias 

  • Familias do alumnado que cursará 1º de Educación Primaria no curso 2023/24: luns 26 de xuño ás 12:00 horas  

  • Familias do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil no curso 2023/24: martes 27 de xuño ás 12:00 horas  

 Lugarsala de Usos Múltiples do 1º andar do edificio de Primaria

( Dado os contidos a tratar, asistencia sen os rapaces a estas reunións) 

(Información na Web do DO)

 

 

 

 

ANPA: FESTA FIN DE CURSO

Aquí podedes ver o cartel da festa da ANPA para o xoves 15 de xuño.

ACTIVIDADES DE ACOLLIDA PARA ALUMNADO ADMITIDO EN 4º DE INFANTIL CURSO 2023/24

Comezamos no colexio as actividades de acollida do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil o curso 2023/24:

"Benvidos ao cole"

O xoves 15 de xuño de 12:15 a 13:15 horas faremos unha xornada de convivencia no cole á que están convidadas as nenas e nenos que virán o curso que vén a 4º de Educación Infantil acompañados dun adulto (limitamos esta visita a un só adulto por nena/o).

 

"Xuntanza de acollida ás familias 4º E.I."

Desde o Departamento de Orientación, en coordinación co Equipo Docente de E.I, convidamos ás familias a unha reunión o martes 27 de xuño ás 12:00 horas na sala de Usos Múltiples do 1º andar no edificio de Primaria ( esta vez sen as nenas/os). Para máis información premede AQUÍ.

 

(Para a formalización da matrícula o prazo é do 20 ao 30 de xuño e a secretaría do centro poñerase en contacto telefónico coas familias das nenas e nenos admitidos).

Festa da ANPA Xuño 2023

 

Como cada ano a ANPA vai organizar unha festa de "Fin de Curso", será o día 15 de xuño pola tarde. O alumnado deberá ir acompañado dun adulto, confirmar a asistencia e recoller a pulseira. Aquí vos deixamos a nota informativa. Apuntádevos!

 

 

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR

Publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24

DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libro de textos: 3º, 4º de educación primaria.

  • Axudas para adquirir libros de texto: 1º e 2º de educación primaria e  educación especial.

  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

  • O alumnado incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2023/24 está excluído da participación no fondo solidario de libros.

CAMBIO LIBROS DE TEXTO

  • En 4º e 6º de EP permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
  • No resto dos cursos manteranse os libros de texto do curso 2022/23.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 21 de xuño de 2023.
  • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes

  • O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

 

Admisión alumnado curso 2023/24

Xa está publicada a LISTAXE DEFINITIVA de alumnado ADMITIDO  para o curso 2023/24

As listaxes só se poden consultar no taboleiro de anuncios do colexio ou a través da  aplicación admisión alumnado coa Chave 365 ou DNI electrónico (Lei de Protección de datos).

O prazo de formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño. Para realizala, o colexio poñerase en contacto telefónico coas familias no mes de xuño para concertar día e hora e realizala.

Estades pendentes á publicación de novas nesta páxina web.

 

Programa ESPAZO EDUCA-CREANDO PONTES

O CFR de A Coruña organiza dentro do programa ESPAZO EDUCA_Creando Pontes unha charla informativa para as familias sobre un tema moi solicitado e que preocupa sen dúbida ás comunidades educativas: Os riscos da pornografía nas redes.

Trátase dunha charla en formato virtual, que terá lugar o mércores, 10 de maio de 2023 ás 18.00 horas.

Non fai falta inscribirse. Podedes acceder a ela dende esta ligazón:

https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna

Convocatoria axudas ao alumnado con NEAE

 

Recente publicación no BOE da convocatoria de axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023/24.

Prazo de presentación de solicitudes: do 8 de maio ao 20 de setembro, ambos inclusive.

Para máis información, pódese consultar o BOE do 26 de abril e a web do Ministerio de Educación

Día non lectivo

DÍA NON LECTIVO

O martes 2 de maio de 2023 non haberá clase por ser un dos días non lectivos elixidos polo centro no Consello Escolar e aprobado pola Xefatura Territorial.

Distribuir contido