O NOSO COLE |
AULAS VIRTUAIS E EDIXGAL 23/24 |
SERVIZOS DO CENTRO | ANPA | CONTACTO |
Blogues |
Desde o Servizo de Asistencia Técnica da Igualdade do Concello de Oleiros (SATICO), realizarase o luns 13 de maio un obradoiro dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria arredor das violencias LGTBIfóbicas. Ademais, ese mesmo día, instalarase no cole un "PUNTO ARCOIRIS", como punto de sensibilización e atención para a inclusión da diversidade sexual e de xénero e para a prevención e actuación fronte as violencias LGTBIfóbicas. Podedes acceder a máis información nas imaxes:
|
|||
O luns realizamos o obradoiro dirixido a nais, pais e persoal docente coa doutora Carol Strate "Educación sexual integral". Agradecemos moito a vosa asistencia e esperamos que fose proveitosa. Desde o Departamento de Orientación, promotor desta actividade, e coa finalidade de valorar e recoller propostas para vindeiros encontros coas familias, aquí tedes o enlace ao Blog do DO onde atoparedes unha enquisa de valoración. |
|||
Desde o Equipo de Convivencia e Benestar Emocional e o Departamento de Orientación, queremos invitarvos, ás nais e pais, xunto co profesorado do centro, a asistir ao obradoiro "Educación sexual en familia" dirixido pola Doutora Carol Strate, xinecóloga e sexóloga, que terá lugar no colexio o LUNS 6 DE MAIO ÁS 17:30 H. Aquí deixamos o enlace ao Blog do Departamento de Orientación, desde onde podedes acceder a máis información e, para garantir unha mellor organización, un formulario de inscrición. Gustaríanos moitísimo contar coa vosa asistencia! Blog do Departamento de Orientación e formulario de inscrición (Este obradoiro está dirixido ás familias e profesorado, as nenas e nenos NON poderán asistir nen estar sós nas instalacións do colexio) |
|||
Publicadas as LISTAXES PROVISIONAISdo proceso de admisión do alumnado para o curso 2024-2025. Pódense consultar a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 e certificado dixital ou ben no taboleiro de anuncios do interior do centro.A partir de hoxe, ábrese un prazo de reclamacións de 5 días hábiles.
Publicación de LISTAXES DEFINITIVAS: 15 de maio |
|||
O MARTES 7 DE MAIO (se o tempo acompaña), conmemoraremos no noso cole o DÍA DA CIENCIA coas "Olimpíadas científicas", onde as nosas nenas e nenos amosarán os proxectos científicos que desenvolveron nas aulas e nos grupos de traballo durante este curso. Haberá proxectos artísticos, químicos, matemáticos, botánicos, de enxeñería... e poderedes ver ás vosas nenas e nenos explicarvos o seu desenvolvemento, uso e proceso de creación no que participaron.
Será un día de festa e queremos que participedes nel asistindo polo que haberá tres quendas a elixir. Para iso, tedes que facer a inscrición nun formulario onde deberedes:
PODEDES INSCRIBIRVOS ATA O 1 DE MAIO.
|
|||
FASE DE BAREMACIÓN Unha vez realizado o baremo do alumnado que non obtivo asignación de praza no procedemento de admisión, pódense consultar as listaxes coas puntuacións a través da aplicación admisionalumnado, mediante Chave 365 ou certificado dixital, ou ben na secretaría do centro, logo de acreditar a súa identidade e asinar un compromiso de confidencialidade (Art. 35.5 da Orde do 21-10-22 de admision do alumnado). As listaxes provisionais publicaranse o 25 de abril. |
|||
En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4º curso de educación primaria e 2º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.
|
|||
ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024-25 Rematado o prazo de admisión para a solicitude de praza do curso do curso 24-25, comeza a fase de baremación para o alumnado que non resultou admitido.
Unha vez recollidas todas as solicitudes, indicamos que
4º EI: 40 vacantes e 28 solicitudes. NON HAI QUE BAREMAR.5º EI: 2 vacantes e 1 solicitude. NON HAI QUE BAREMAR. 6º EI: 6 vacantes e 1solicitude. NON HAI QUE BAREMAR.1º EP: 12 vacantes e 1 solicitude. NON HAI QUE BAREMAR3º EP: 0 vacantes e 3 solicitudes. HAI QUE BAREMAR.6º EP: 0 vacantes e hai 2 solicitudes. HAI QUE BAREMAR.O prazo para a presentación da documentación xustificativa (no caso de non tela presentado xunto coa admisión) nos casos indicados nos que hai que baremar abrangue do 22 de marzo ao 5 de abril de 2024.O alumnado susceptible de ser baremado pódese consultar no taboleiro de anuncios do centro ou na aplicación “admisionalumnado” a través do certificado dixital ou Chave 365O día 25 de abril de 2024 serán publicadas a listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido por curso e por orde de puntuación provisional obtida (nos casos baremados). |
|||
Publicada a listaxe provisional de admitidos do alumnado de 6º EP que solicitou praza no IES MARÍA CASARES para o curso 2024-2025.Esta listaxe poderá consultarse:
|
|||
DO 1 AO 20 DE MARZOÁBRESE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025 . CONSULTA AQUÍ TODA A INFORMACIÓN
|
|||