RENOVACIÓN DE REPRESENTANTES AO CONSELLO ESCOLAR

Resolución do 20 de setembro de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e FP da Consellería de Educación ( DOG 29/09/2021)

Segundo a Lei Orgánica de Educación, modificada pola Lei Orgánica 8/ 2021 do 9 de novembro, para a mellora da Calidade Educativa, se establece que A comunidade educativa participará no goberno dos centros a través do Consello Escolar”.

Os seus membros son elixidos cada 4 anos e renóvase parcialmente cada dous. Este curso temos que facer a renovación de 3 mestres e 1 representante de nais/pais.

Todo este proceso electoral estará organizado e supervisado por unha XUNTA ELECTORAL da que forman parte a directora do centro, unha mestra ou mestre, unha nai ou pai e un membro da administración e servizos, elixidos por sorteo público o día 27 de outubro ás 13.45 horas.

 Unha vez constituída a Xunta Electoral informaremos das datas nas que se desenvolverá o proceso de elección e a data de votación.

 A través da plataforma Abalar e a web do centro, A Xunta Electoral enviará información sobre este proceso.

ANIMAMOS A TODAS AS NAIS E PAIS A PARTICIPAR, TANTO COA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS COMO NO PROCESO DE ELECCIÓN.