Eleccións ao Consello Escolar

O 2 de novembro quedou constituída a Xunta Electoral que supervisará e organizará o proceso de eleccións para a renovación do Consello Escolar. Podedes consultar a 1ª Acta e o calendario de actuacións premendo AQUÍO censo de nais, pais e titores/as legais estará publicado na secretaría do centro.
 
Este ano temos que renovar dous representantes do sector do profesorado e TRES representantes do sector de nais/pais/titor/a legal do alumnado polo que animamos, a todas e todos aqueles que queiran, a presentar a súa candidatura.
  • Prazo de presentación de candidaturas: do 11 ao 18 de novembro.
  • Día de votacións: luns 28 de novembro.