Fondo solidario de libros texto e material curso 2022/23

O 18 de maio de 2022, publicouse no DOG a convocatoria anual para solicitar axudas para a compra de libros de texto, material escolar e/ou participar no préstamo solidario de libros de cara ao vindeiro curso 2022/23. Estas axudas son exclusivamente para o alumnado que cursará estudos de Educación Primaria ou Secundaria o vindeiro ano académico.

Pola Lei Orgánica 3/2020 (LOMLOE) procederase á substitución dos libros de texto de 3º Ed. Primaria para adaptalos ao novo currículo.

 O prazo comeza o 19 de maio e durará ata o 22 de xuño de 2022.

Podedes descargar os Anexos I e II AQUÍ (xunto coa solicitude hai que achegar a documentación que se sinala no artigo 11 da convocatoria)

A solicitude podedes entregala de maneira TELEMÁTICA (A través da Sede Electrónica da Xunta) ou ben SOLICITAR CITA PRESENCIAL no noso cole para a Secretaría a través do teléfono 981617130, o horario será de 9:30 á 13:30h e os luns de 16:00 á 17:00h.

Os alumnos e alumnas que están admitidos noutros centros educativos ou que o vindeiro ano cursan os estudos Secundarios, deberán entregar estas solicitudes no centro onde estarán o próximo ano.

 

A continuación deixamos enlaces con información de interese para esta convocatoria.