Actividades de Acollida ao alumnado de 4º de Educación Infantil

Comezamos no colexio ás actividades de acollida do alumnado que cursará 4º de Educación Infantil o curso 2022/23:

"Benvidos ao cole"

O luns 20 de xuño de 12:15 a 13:15 horas faremos unha xornada de convivencia no cole á que están convidadas as nenas e nenos que virán o curso que vén a 4º de Educación Infantil acompañados dun adulto (limitamos esta visita a un só adulto por nena/o).

 

"Xuntanza de acollida ás familias"

Desde o Departamento de Orientación, en coordinación co Equipo Docente de E.I, convidamos ás familias a unha reunión o luns 27 de xuño ás 11:30 horas na sala de Usos Múltiples do 1º andar no edificio de Primaria ( esta vez sen as nenas/os). Para máis información premede AQUÍ .

 

(Para a formalización da matrícula, a secretaría do centro poñerase en contacto telefónico con vós neste mes de xuño).