INICIO CURSO ESCOLAR 2022-2023

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO ESCOLAR!!

 

As clases comezarán o 8 de setembro no seu horario habitual, de 9 a 14 horas, con transporte escolar e os servizos complementarios ofertados pola ANPA (O. do 20 de maio de 2022)

Aquelas familias que non recolleron os vales de axuda para adquisición de libros e/ou material escolar poderán facelo durante este mes de setembro.

As LISTAXES DE MATERIAL ESCOLAR para Educación Primaria, no curso 2022-2023, podedes consultalas nos seguintes enlaces:

O MARTES DIA 6 de setembro de 10:00 a 13:00 horas faremos a entrega dos LIBROS DE TEXTO do FONDO SOLIDARIO DA XUNTA para 3º e 4º de E.Primaria a aquelas familias que lles foron concedidos.

Ese mesmo día, membros da ANPA, estarán no centro para repartir os libros que teñen no seu "Banco de Libros"  para 4º de Ed.Primaria.

Estade atentos á WEB para seguir as informacións que iremos publicando coas NOVAS PARA O INICIO DE CURSO.