Novas

ENMENDAS AS SOLICITUDES PARA O COMEDOR ESCOLAR CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!!

Avísannos desde o Concello que hai varias familias que teñen que achegar e completar a documentación na solicitude das Axudas ao Comedor Escolar.

Tedes 10 días para facelo!!

Un saúdo.

AULAS VIRTUAIS PARA O CURSO 20-21

Ola familias!!!!

As nosas Aulas Virtuais xa están operativas!!!

Ao longo das vindeiras semanas as mestras e os mestres poñerán actividades para que vos familiaricedes co seu uso e solventar as dúbidas. Serán unha ferramenta de traballo e de comunicación a distancia e este ano veñen con moitas novidades e posibilidades de uso.

Cada mestre e mestra facilitouvos un Usuario e unha Contrasinal para poder acceder e dende o Equipo TIC do Centro, fixeron este vídeo cunhas pequenas explicacións para que non teñades problemas no acceso e no uso.

 

No vídeo explicamos que os titores e titoras subirán actividades e tarefas, pero tamén o farán as especialidades de música, educación física, relixión e inglés.

Calqueira dúbida que teñades podedes contactar a través deste email coa coordinadora do colexio: apintosl@edu.xunta.es

 

Moitos ánimos a tod@s!!!!

LIBROS FONDO XUNTA

Bo día, familias,

 

Como xa sabedes, este ano hai libros do fondo da xunta para os cursos de 3º e 4º de Educación Primaria.

No caso de 3º EP, este ano cámbianse os libros, polo que aqueles que os teñades concedidos pola xunta será o colexio o encargado de proporcionalos (aqueles que non tedes os libros concedidos ou só tedes algún, teredes que mercalos porque non hai fondo da ANPA debido a ese cambio de libros). A idea era poder entregalos o día da reunión cos titores e titoras, pero as editoriais nestas datas están "saturadas" e vai ser imposible telos para mañá no colexio. En canto cheguen xa comunicamos por esta vía o procedemento a seguir para a súa entrega.

 

No caso de 4º de EP si que se entregarán ao remate da reunión cos mestres e mestras. Primeiro entregaremos os libros da Xunta e, despois, aqueles que non teñades o lote completo, poderedes completalo co fondo de libros da Anpa. Estará unha representante da Anpa para axudarvos e entregarvos os libros. 

Despois, aqueles que non tedes ningún libro concedido pola xunta, tamén podedes solicitalos no fondo da Anpa tendo en conta que terán preferencia os socios e a orde de chegada. 

 

Un saúdo

LISTADO ALUMNOS POR AULA

Bo día,

 

Sabemos que todos estades con ganas de saber en que curso están os vosos nenos e nenas. Por lei non podemos colgar os listados por este medio polo que estarán colocados no taboleiros  do colexio.

Para facilitar as cousas e evitar aglomeracións, tamén o colocaremos nos porches exteriores (1º, 2º e 3º EP no dianteiro e 4º,5º e 6º no traseiro) para que o día que veñades a reunión o podades ler sen problemas e onde xa vos recibirán as titoras e titores correspondentes.

De todos os xeitos, xa están os mestres poñéndose en contacto con todos vós.

 

Un saúdo e vémonos en nada!

IMPORTANTE!! NOTICIAS SOBRE O COMEDOR

Bo día, familias,

 

Dende a ANPA infórmannos de que o prazo para inscribirse no comedor para o curso 2020/2021 cambiou para non saturar a páxina de Jardanay. A nosa quenda é:

 

 DO 19 DE AGOSTO ATA O 31 DE AGOSTO

 A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DE JARDANAY

 

Atentos a toda a información que se vai poñer  na páxina da Anpa en relación a este tema e outros que podan ser do voso interese.

WEB ANPA

PÁXINA JARDANAY

 

Un saúdo

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E CHEQUES PARA MATERIAL

Ola familias!!!

 

Xa podedes consultar a listaxe provisional do fondo solidario de libros da xunta para 3º e 4º de EP. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016 do 18 de xaneiro de transparencia e de bo goberno, e co artigo 15.2c da Lei 9/20117 do 13 de xuño de subvencións de Galicia, esta listaxe provisional e a definitiva publicarase única e exclusivamente no tabolerio de anuncios do edifico escolar.

Nesta listaxe provisonal solo se pode ver o número de libros que vos correponde (non a materia). Tedes dous días para reclamar a partir da súa publicación.

En 5º e 6º de EP non hai fondo solidario porque taballaremos con EDIXGAL (libros electrónicos), pero recordade que hai cheque para material.

Os cheques para material (e para libros no caso de 1º e 2º de EP) xa están preparados. Dada a situación que estamos a vivir e para evitar "aglomeracións" podedes pasar a recollelos nos seguintes días:

 

-MÉRCORES, 8 DE XULLO DE 10:00 a 13:00:

1º e 2º de EP

 

-XOVES, 9 DE XULLO DE 10:00 a 13:00h:

5º e 6º de EP

 

-VENRES, 10 DE XULLO DE 10:00 A 13:00h:

3º e 4º de EP

 

Recordade a importancia de tomar as medidas sanitarias recomendadas, polo que, se cando cheguedes ao colexio hai cola terede que esperar mantendo a distancia de seguridade ata que se vos mande pasar. Por suposto, uso obrigatorio de mascarillas

POLO BEN DE TODOS E TODAS!!

 

 

 

 

INFORMACIÓNS DE INTERESE

Listaxes alumnado admitido

No taboleiro de anuncios do centro xa figuran expostas as listaxes de alumnado admitido para o próximo curso 20 - 21 . Poden consultarse presencialmente ou chamando aos teléfonos do centro 981617130 / 676727505.

 

  Devolución Libros Curso 19-20

LUNS 22: 10:00-13:00h. Devolución libros de texto 3º EP (Fondo solidario e ANPA).

MARTES 23 : 11:00-14:00h. Devolución libros de texto 4º EP (Fondo solidario e ANPA).

XOVES 25 : 11:00-14:00h. Devolución libros de texto 6º EP (Fondo solidario e ANPA).

A entrega farase pola entrada posterior, unha persoa por alumno (con máscara) chamarase ao timbre e esperarase a que abran.

 

Devolución ordenadores EDIXGAL e ABALAR cedidos polo COVID

MARTES 23 : 09:30-13:00h.

A entrega farase pola entrada dianteira, unha persoa por alumno (con máscara) chamarase ao timbre e esperarase a que abran.

 

Listaxe libros curso 2020 -2021

No taboleiro de anuncios xa figura o listado de libros de texto acordados para o curso 2020 -2021 .

Tamén se pode consultar nos adxuntos a esta entrada.

DEPARTAMENTO DE ORIENTACION - NOVA WEB

Bo dia a todos e todas...

Un día mais e aqui seguimos. Moito ánimo, que desta salimos con mais forza e mais unidos si cabe.

Como vedes , estamos a intentar millorar as formas de permanecer en contacto e dende hoxe temos aquí a web  do Departamento de Orientación (click aquí para acceder). Podedes atopala e acceder a ela a través do menu principal desta páxina, na parte superior que ten coma titulo "Webs/Blogs do centro". Animádevos a visitala e a facer todas as suxestións e comentarios que consideredes. Calquera cousa xa sabedes...

Apertas e sorte para todxos... Vémonos

DO

ENTROIDO 2020

Ola familias!!!

 

 Mañá , venres 21 de febreiro, celebraremos o Entroido no pavillón do colexio na que participaremos todos e todas e ao que estades convidados.

Para que a xornada descurra sin alteracións, ROGAMOS:

-As familias entrarán ás 11:20 h pola porta de arriba de acceso ao pavillón (frente ao bar).

-O conserxe facilitará o acceso das familias ás gradas.

-Como o aforo é reducico agradecemos a asistencia de non máis de dous adultos por familia.

-Dende o colexio sacaremos fotos e vídeos que colgaremos na páxina do colexio polo que agradecemos que non saquedes fotos (Lei protección de datos).

-Ao remate da actividade 13:15/13:30h, os primeiros en saír serán os nenos e nenas. Seguidamente serán as familias as que abandoedes o recinto pola mesma porta pola que se entrou.

-O remate das clases será ás 14:00, como sempre. Calquera cambio na recollida do alumnado deberá ser informado aos titores o día anterior. (Rogamos especial atención neste apartado).

Como sempre agradecemos a vosa sensibilidade para atender ás nosas demandas e pola vosa inestimable colaboración.

FELIZ ENTROIDO!!!

 

RESOLUCIÓN DA SUBVENCIÓN PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE ANO 2019 DO CONCELLO DE OLEIROS

Boas familias!!

 

Temos a sorte de comezar o ano e o novo trimestre  notificando a concesión da subvención para a promoción e difusión da cultura e o deporte do Concello de Oleiros.

 

Podedes ver os detalles no adxunto a esta mensaxe.

 

 

MOITAS GRAZAS, DE NOVO, AO CONCELLO DE OLEIROS.

Distribuir contido