1 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
2 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña
3 / 3
CEIP Manuel Luís Acuña

 

 

Entroido no Manuel Luís Acuña

Este ano tivemos un Entroido moi especial. Durante toda a semana, as titoras estiveron traballando o Entroido nas diferentes zonas da provincia de Ourense e as súa tradición gastronómica e cultural. Para completar o aprendido, a nosa directora o xoves acudiu ao centro disfrazada de Felo.

Comezamos a mañá do venres cun taller de máscaras por grupos burbulla. Despois degustamos unha rica bica acompañada dunha chocolatada. Rematamos o día con diferentes obradoiros (baile tradicional, tatuaxes...) e xogos para fomentar a práctica de actividade física dentro do horario lectivo.

Xa estamos desexando que chegue o próximo Entroido!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer