ANPA 2021-2022

ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS 

C.E.I.P. MANUEL RESPINO

A RÚA 

 

A Rúa, 1 de outubro de 2021

 

Estimados pais e nais,

En primeiro lugar pedirvos desculpas por non presentarnos antes, xa que levamos varias semanas de curso.

Somos un grupo de nais comprometidas coa educación dos nosos fillos e coa mellora da comunidade educativa en xeral. Pensamos que, ademais do compromiso individual que temos como educadores dos nosos fillos e fillas, debemos implicarnos de forma conxunta e entender que as familias somos un membro máis da comunidade educativa, xunto cos propios alumnos e os profesores.

A actual directiva da ANPA está formada polas seguintes persoas:

Presidenta: Cecilia Fernández Rodríguez

Vicepresidenta: Patricia Alonso Fernández

Secretaria: Anabella López González

Tesoureira: Felisa Vizcaya Cives

Vocal: Concepción Rodríguez González

Despois do pasado ano, onde as restricións da pandemia nos marcaron limitacións nas actividades, e aínda sabendo que este ano seguirá a ser complicado, intentaremos compensar todas as limitacións que teñamos, coa axuda e a implicación de todos vos, e as ganas de traballar, ilusión e empeño desta nova directiva.

Ademais, estaremos pendentes de todo o que suceda no centro, e vos transmitiremos toda a información a prior a través dos grupos de whatsapp, que é un modo moi rápido e eficaz de transmisión de información.

Solicitamos a vosa colaboración, e queremos pedirvos que vos unades como socios, para poder poñer en marcha novas actividades e proxectos. Para isto solicítase unha cota de 15 €/familia, a ingresar na conta da Asociación antes do 31 de outubro do presente ano, indicando o nome e o curso do alumno/s.

Esta cota de asociado ofrece como sempre un desconto nas actividades e cursos que se desenrolen a través da ANPA.

O número de conta para realizar o pago da cota é: ES82 2080 0411 3130 0004 5488 

Rogamos indiquedes o nome do alumno/s e o curso. E agradecemos que enviedes o xustificante de pago ó correo da Asociación: anpa.manuelrespino@gmail.com

A xunta directiva desexa que tódalas persoas aporten a súa opinión e ideas, para mellorar a educación dos nosos fillos; para iso podedes contactar connosco no correo anpa.manuelrespino@gmail.com, ou tamén a través de whatsapp, no número 607342231, que é o teléfono da Presidenta. Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida, consulta, queixa ou suxerencia.

Neste novo curso iniciaranse as obras de renovación integral do colexio que tan necesarias son. Debido a estas obras, que segundo nos indican dende a dirección do centro, se realizarán polas tardes, no centro non se poderán realizar actividades durante o período que duren as reformas.

Pese ás incomodidades de non dispoñer de espazo no centro podemos ofrecer clases de inglés, que se desenrolarán na aula multiusos do Concello. O prezo para asociados será de 29 €/mes por 2 horas/semana (luns e mércores). Sempre que se acade o número mínimo de alumnos, habería un grupo de 16 a 17 e outro de 17 a 18 horas. Se estades interesados debedes poñervos en contacto con eles antes do día 11 de outubro, para poder comezar o antes posible.

 Axuntamos o cartaz:

 

 

Continuamos traballando para poder ofertar algunha outra actividade.

Recordámosvos que podedes contactar connosco para o que necesitedes, no que respecta á vida escolar dos nosos fillos.

Un agarimoso saúdo,

A directiva da ANPA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer