Animación á lectura

Semana das Letras Galegas: De Castro a Villalta.

Coincidindo coa Semana das Letras Galegas, visitou o noso centro "A Xanela do Maxín", unha compañía de teatro visual, de títeres e obxectos que crea propostas escénicas de calidade dirixidas a un público infantil, familiar e xuvenil.

Nesta ocasión presentounos o espéctaculo que leva por título "De Castro a Villalta", co que se pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta . Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura.

 

Visita do escritor XABIER DOMÍNGUEZ:

O pasado xoves 2 de maio visitou o noso centro o escritor, mestre e editor Xabier Domínguez, autor do libro que leron o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, que leva por título Maxia de pedra.

Fixo unha presentación da súa vida e obra, centrándose de como escribiron entre el e a súa parella, Alba de Evan, este libro e outros como a colección Naturizo.

 

Aquí podemos ver algúns datos da súa vida e obra picando na seguinte imaxe:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer