Alumnado

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE E LECER

Consellería de Política Social oferta a programación de actividades para o ano 2022 que se levarán a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro. A información sobre a convocatoria desta campaña atopase detallada na páxina web http://xuventude.xunta.es/

Autorización saída cine Avenida

Neste enlace pódese descargar a autorización para participar na actividade complementaria programada para o día 21 de abril na que os alumnos se desprazarán ata as instalacións do Centro Cultural Avenida:

 Autorización saída Centro Cultural Avenida

ENQUISA "XOGOS E XOGUETES"

    Como ven sendo costume nos últimos anos, cada curso escolar vimos desenvolvendo dende a Biblioteca do centro, unha serie de actividades relacionadas cunha temática concreta. Este curso 2021/22 o tema escollido foron os xogos e os xoguetes.

   Nos xogos, as nenas e os nenos reflexan as súas experiencias máis próximas, as súas expectativas, aprenden comportamentos, actitudes e habilidades ante diversas situacións que van conformando a súa personalidade futura. A través deles, adquírense capacidades e valores que os xoguetes reforzan. Estes non resultan, en si mesmos, axeitados ou inapropiados, senón que todo dependerá do seu uso.

    Por este motivo, é necesario analizar criticamente, dende a escola e a familia, os modelos que estamos ofrecendo ou reforzando a través dos xogos e dos xoguetes. A promoción indiscriminada destes últimos que se produce, a través da publicidade, de modo especial en torno ás datas de Nadal, ha de ser contrarrestada, non só polo desexo de comprar que provoca nos nenos e maiores, senón tamén pola transmisión de valores, estereotipos e concepcións sobre o mundo que comporta as mensaxes publicitarias. Neles non se reflexa precisamente un mundo baseado en relacións de igualdade, respecto e solidariedade, senón que aparecen cargados de valores sexistas, comportamentos agresivos, competitivos…

   Dende esta perspectiva, gustaríanos contar coa vosa colaboración de carácter voluntario e anónimo para a realización dunha enquisa que nos axudará a coñecer un pouquiño mellor a realidade coa que traballamos.

 Prema na imaxe para acceder á enquisa

RESERVA DE PLAZA EN CENTRO ADSCRITO

Dende o día 11 de xaneiro e ata o 8 de febreiro de 2022 está aberto o prazo para a presentación de solicitudes de reserva de praza en centro adscrito (IES Cosme López Rodríguez). 

As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual nos seguintes enlaces ou ou a través páxina web www.edu.xunta como se indica nas instruccións:

- INSTRUCCIÓNS

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO (GL)

 - RESERVA DE PLAZA, CAMBIO DE UN CENTRO A OTRO AL QUE SE ESTÁ ADSCRITO (C)

ESQUIOU 2022

Nos seguintes enlaces atoparedes información sobre o Programa Esquiou 2022 promovido pola Deputación de Ourense en colaboración coa Estación de Montaña Manzaneda:

- Información do programa

- Formulario de inscrición

ENQUISA SOBRE O USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Co obxectivo de identificar as dificultades e fortalezas sobre o acceso e uso da internet do noso alumnado en caso dun posible confinamento, precisamos da vosa colaboración cubrindo o seguinte formulario por cada alumno/a matriculado/a:

 

ENQUISA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer