Ed. Física

Polo día con enerxía !

Como sei que temos que estar metidos na casa e que dentro as posibilidades de movernos son menos... o corpo vaise acostumando a estar quieto, perdendo mobilidade e axilidade, polo que para evitar iso vouvos a propoñer un sinxelo exercicio para activar o voso corpo polas mañas e que vos servirá para axudarlle ao voso corpo a manterse en forma.

O exercicio é “Saúdo ao sol” Trátase dun exercicio de ioga que combina forza, resistencia, flexibilidade e concentración.

Como verás que o corpo cho agradece porque se vaia a sentir xenial, quero que o coides tamén pola tarde e noite, facendo varias posturas de animais ao longo do día como a do can, a do gato, cangrexo, tiburón... as posibilidades son moitas!! E son os propios animais os que vos van a explicar como facelo.

AnÍmote a que o probes a facer tódolos días e que xuntes ao resto da túa familia a que o faga contigo, o exercicio en compañía sempre senta mellor.

Recorda, tres veces ao día entra na páxina e fai click no enlace que che toque, pon ese corpo a funcionar !

 

SAÚDO AO SOL POLA MAÑA

https://www.youtube.com/watch?v=iKfYvENTi40&list=PLBal9AttAE0trW71zxDCcoo4mA0Si5B_n&index=2

 

PARA REAXUSTARSE A MEDIA TARDE

https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog

 

PARA ESTIRAR E DESCANSAR POLA NOITE

https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY&list=PLBal9AttAE0trW71zxDCcoo4mA0Si5B_n&index=8

 

 

 

 

 

 

Na casa comemos ben!

 

Moi boas, como sabemos, estes días estamos a ter unha situación un tanto excepcional a cal nos obriga a estar na casa, e como pasamos tantas horas preto da cociña é importante recordar que temos que manter uns bos hábitos de alimentación para axudar ao noso corpo a estar san e manterse forte. Por iso e como xa sabemos, temos que beber moita auga, comer moita froita e verduras, e deixar os zumes industriais e refrescos para ocasións “especiais”.

Vamos a intentar realizar polo menos 5 comidas saudables ao longo do día que serían: Almorzo, Media-mañá, Comida, Merenda e Cea. Recorda que as comidas sexan nutritivas e aléxate das comidas azucradas ou graxentas, desfruta da comida que se fai na casa, e si queres un consello: si colaboras na súa preparación… aínda sabe mellor!!

Para que che sexa mais fácil visualizar como realizar comidas saudables déixoche a pirámide alimenticia e a distribución de nutrientes por prato, para que teñas unha referencia de como se pode facer.

Propóñovos que cociñedes en familia e preparedes un prato ou elaboredes un menú saudable e saquedes unha foto das vosas elaboracións. Seguro que o pasades xenial e será RIQUISIMO!! l!!

Moito ánimo, queda na casa e xogade en familia. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Aprendemos novos deportes co XOGADE.

Grazas ao programa XOGADE da Xunta de Galicia, este ano tivemos as visitas de especialistas de loita olímpica e de esgrima, e ainda sendo ben pouco tempo, aprendimos algúnhas nocións básica.

 

LOITA OLÍMPICA.

ESGRIMA

Fase Final Campionato Brilé

Aqui tendes os resultados da primeira fase e os cruces. Pincha na palabra "orixinal" ao pé da imaxe para vela ampliada.

...E MOITA SORTE A TODOS/AS!!!!

Fase Final Campionato Brilé

Así Facemos Acrosport.

 

Despois de ver a parte teórica, tocounos facer a nos algunhas figuras de Acrosport...esperamos que sexa do voso agrado, pola nosa parte, fixemos todo o que poidemos.

Saúdos.

Coidamos o que Comemos

Ola!! Hoxe veremos o que debemos comer para manter unha dieta equilibrada e axudar ao noso crecimento, así poderemos medrar e teremos unha maior calidade de vida, e por outra parte evitaremos futuros problemas coa nosa saúde. Espero que vos sexa de interese. 


Coñecemos as Capacidades Físicas Básicas

As capacidades físicas básicas, son o cunxunto de cualidades do noso corpo, que permitenos movernos e realizar unha multitude de movementos e accións motrices que axudarán ao desenvolvemento do noso corpo, ademáis de mellorar o rendemento das nosas prácticas, xa que son fácilmente cuantificables, é dicir, podemos medir os nosos resultados en cada unha delas, ademáis, cun traballo correcto, as capacidades físicas básicas facilitan que o noso corpo crezca nas proporcións adecuadas, así como colaboran tamén nunha maior calidade de vida, xa que temos máis recursos motrices.

Agora as coñeceremos un pouco mellor: 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer