Skip to Content

Axuda libros do Concello. Curso 2022/2023

O Concello de Ourense convoca as axudas que lles darán apoio ás familias ourensás para a compra de libros e material escolar e comedores escolares no próximo curso 2022/2023. O Boletín Oficial da Provincia de Ourense do 18 de abril, publica o extracto desta convocatoria, cuxo orzamento ascende a un total de 294.250 euros, cun incremento de máis de 50.000 euros.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Ourense, na Praza Maior, ou en calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, achegando a documentación requirida nas bases reguladoras. O prazo para presentar as solicitudes abrirase o luns, 19 de abril, e permanecerá aberto durante 15 días hábiles, até o 6 de maio.


DOCUMENTACIÓN


 



page | by Dr. Radut