Skip to Content

Letras Galegas

Homenaxeados nas Letras Galegas

Neste libro electrónico reflectimos as ligazóns máis interesantes que atopamos para traballar, no aula, ao autor homenaxeado no 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Para ver estes recursos educativos premede na portada do libro.

 

 

LUISA VILLALTA.KAHOOT.

k_LuisaVillalta


Ao longo da semana o CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro traballou e homenaxeou a Luisa Villalta. O xoves 16 de maio deseñamos un xogo a través de Kahoot para seguir recordando a Luisa Villalta. Neste caso a actividade consistiu en organizar grupos heteroxéneos de diversas aulas do colexio onde a inclusión, a atención á diversidade, colaboración e compañeirismo presidiron dita actividade.

O día remato bailando e cantando todos xuntos a súa biografía musical elaborada polo CEIP Chans de Bembrive

https://youtu.be/RXB-BKbkqDE

Galeria

Luísa Villalta Gómez (2024)

Luísa Villalta Gómez naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, en pleno corazón do barrio do Gurugú.

Despois de pasar polas aulas do colexio das Xosefinas e do Instituto Nacional Feminino, actual IES Eusebio da Guarda, acadou a licenciatura de Filoloxía Hispánica, na Subsección de Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega nos institutos coruñeses Xosé Neira Vilas, de Perillo-Oleiros, Canido-Ferrol e Isaac Díaz Pardo, de Sada.

Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio... e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida.

Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao dedicarse á docencia.

Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos, e foi soterrada no cemiterio de Santo Amaro.

A Real Academia Galega, en sesión celebrada o 29 de xuño de 2023, acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa contribución á cultura de Galicia e á lingua galega.

Concurso Letras Galegas 2024.

Recollido do Seminario Galán

Baile da Muiñeira de Chantada

Actividades de percusión Día das Letras Galegas

A nosa lingua, a nosa fala

Celebración das Letras Galegas 2023

Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro:

  • Compilación de materiais para empregar no aula polo alumnado.
  • Realización dun vídeo sobre a nosa lingua.
  • Kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía.
  • Actividade de percusión.
  • Baile da Muiñeira de Chantada.
  • Diversas actividades de aula.

Francisco Fernández del Riego (2023)

Francisco Fernández del Riego, naceu na localidade luguesa de Vilanova de Lourenzá o 7 de xaneiro de 1913 e faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010.

Publicou cos pseudónimos de Adrián Solovio, Adrián Soutelo, Salvador Lorenzana, Cosme Barreiros e Alevín, traballando, desde os anos 30, a prol da cultura galega.

Foi un dos creadores da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números.

Presidiu a Real Academia Galega de 1997 a 2001.

O 9 de xullo de 2022, o plenario da RAG acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2023.

Recollido do Seminario Galán

Caza do tesouro no Día das Letras Galegas

Na semana posterior ao Día das Letras Galegas realizamos no patio do cole unha Caza do tesouro organizada polo EDL e coordinada polas profes Marta e Mara, co fin de repasar os contidos traballados ao longo do mes de maio en relación a Florencio Delgado Gurriarán.

Organizamos dous itinerarios, un destinada ao alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria e outra destinada ao resto dos cursos. En ámbalas dúas, empregáronse materiais elaborados polo seminario Galán e materiais propios do EDL do centro, para elaborar as diferentes pistas que ían orientando aos diferentes grupos ata chegar á recompensa final que consistía nunha letra maiúscula cun número.

Unha vez finalizados os dous itinerarios, realizamos unha posta en común coas recompensas obtidas na caza do tesouro para formar unha frase coas letras obtidas na recompensa e ordenadas segundo o número que tiñan cada unha. O resultado da combinación de todas as recompensas foi o seguinte:

  •  FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, POETA

Caza do tesouro de Ed. Infantil e 1º  e 2º de Ed. Primaria

Caza do tesouro de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria

 

Exposición Letras Galegas

Comezamos coa celebración do día das Letras Galegas cunha exposición de fondos documentais en galego cos que poderá desfrutar a nosa comundade educativa.

Animádevos a visitarnos e a viaxar coa nosa lingua!.

Distribuir contido


by Dr. Radut