Skip to Content

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. (DOG. 25.05.2010)

Artigo 14º.-Proxecto lingüístico de centro.

1. Cada centro, dentro do seu proxecto educativo, elaborará o seu proxecto lingüístico cada catro cursos escolares, no cal se fará constar: a) A decisión do centro educativo respecto da lingua en que se impartirán as materias de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato. b) En educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, as medidas adoptadas para que o alumnado que non teña o suficiente dominio das linguas poida seguir con aproveitamento as ensinanzas que se lle imparten. c) Nos centros que imparten formación profesional específica, ensinanzas artísticas e deportivas, e ensinanza de persoas adultas, os procedementos que aseguren que o alumnado acade a competencia lingüística propia do nivel en ambas as dúas linguas oficiais. d) Os obxectivos xerais e as liñas de actuación deseñadas polo centro para o fomento da lingua galega.

2. O proxecto lingüístico será redactado por unha comisión do profesorado do centro, nomeada polo equipo directivo e oída a comisión de coordinación pedagóxica. Formarán parte dela, como mínimo, os xefes/as dos departamentos de linguas e o coordinador(a) do equipo de dinamización da lingua galega. Será aprobado e avaliado polo consello escolar do centro educativo.

3. Este proxecto remitiráselles cada catro cursos escolares aos servizos da inspección educativa, que velarán para que o seu contido se axuste a este decreto e ao desenvolvemento da Lei orgánica de educación.

Transcorrido o prazo establecido polo Decreto 79/2010, do 20 de maio, é preciso realizar novas enquisas para coñecer cal é a opinión da comunidade educativa con respecto ao galego (alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, Docentes, Persoal de Administración e Servizos e Familias) para o cal se elaboraron 5 enquisas e para o que solicitamos a vosa colaboración para cubrir a enquisa que estará dispoñible dende o martes 16 ata o 26 de xaneiro de 2024.



page | by Dr. Radut