Skip to Content

As novas do tempo

AS NOVAS DO TEMPO

Bos días e benvidos ao noso espazo diario do tempo!

No día de hoxe teremos sol en toda Galicia, aínda que haberá un pouco de chuvia pola zona do noroeste, grazas ao pluviómetro saberemos a cantidade de chuvia que caerá.

Tamén soprará vento, sobre todo nas zonas costeiras que o mediremos co anemómetro, e para saber a dirección utilizaremos o viraventos.

Pola tarde irá moita calor que poderá chegar ata os 38ºC e pode baixar ata os 32ºC. Sen embargo, pola noite baixará moitísimo a temperatura e alcanzará cotas baixo cero. Isto é todo sobre o tempo de mañá.

Agora vamos co tempo de pasado mañá, no que haberá menos calor pola tarde, as temperaturas suavizarán e roldaremos dende os 22º ata os 26ºC. Contamos coa axuda dos termómetro para sabelo.

En canto as precipitacións non fará falta sacar o paraugas a pesar de estar case totalmente anubrado pero non hai risco de chuvia.

Pola noite, non baixará tanto a temperatura e non haberá tanto frío como no día de mañá.

E por suposto toda esta información a obtemos grazas ao satélite Meteosat que ten todos os datos acerca das precipitacións, ventos…

E isto é todo por hoxe, pasen unha boa tarde e disfruten do tempo.!
 

Autor: Marexada.



book | by Dr. Radut