Skip to Content

Lenda do Lago da Serpe

Lagoa da serpeA Lagoa da serpe

Na Lagoa da Serpe, na serra de Pena Trevinca, dicíase que antigamente había unha serpe moi grande e temida por todos.

Segundo di a lenda, nas noites de lúa chea, esta serpe convertíase nunha fermosa muller e que cando un mozo lle acertase cun salivazo na boca, esta habíase converter nunha fermosa muller e casaría co mozo.

Unha noite de lúa chea, un mozo dunha aldea próxima á lagoa, foi ver a serpe e topouse coa fermosa muller. Entón esperou ata que abriu o día e, cando se converteu de novo en serpe, cuspiulle na boca. Nese intre volveu aparecer a fermosa moza que el vira pola noite e casaron os dous.

A Lagoa da Serpe está na Pena Trevinca. A lenda di que toda persoa que beba da súa auga morrerá e que se te metes nela, sómete par dentro. Xa houbo un caso dunha persoa que foi sumida para dentro, pero non se sabe de xente que morrese por bebe-la auga porque ninguén se atreve a face-lo.


VÁZQUEZ-MONXARDÍN FERNÁNDEZ, Afonso. 1994. 102 lendas en noticias lendarias, en Boletín Auriense, XXIV, Ourense.


RECURSOS


 

AdxuntoTamaño
lagoa_serpe.pdf134.94 KB


book | by Dr. Radut